Cúbito

óso do antebrazo

O cúbito ou ulna[1] é un óso do membro superior humano, localizado na parte interna do antebrazo. Trátase dun óso longo.

Cúbito ou ulna
Membro superior
A ulna é o nº2
Gray's pág.214
MeSH Ulna

Estrutura

editar

O cúbito é un óso longo que consta dunha epífise proximal, unha diáfise e unha epífise inferior.

Epífise superior

editar

Presenta dúas apófises, a coronoide e a olecraniana. A apófise coronoide é anterior e horizontal. Ten forma triangular, cunha base, vértice, superficie superior e inferior e dous bordos, interno e externo. A superficie superior é unha superficie articular relacionada co cóbado, a superficie inferior permite a inserción do músculo braquial anterior. Os bordos permiten a inserción de ligamentos do cóbado. A base é o punto polo que se une ao resto do óso.

A apófise olecraniana é posterior e vertical. Ten unha superficie anterior, unha posterior, unha base, un vértice e dous bordos laterais. A superficie anterior é unha superficie articular do cóbado, namentres que a posterior serve de inserción para o músculo tríceps braquial e o ligamento posterior do cóbado. A base sérvelle de unión co resto do óso. Esta apófise introdúcese na fosa olecraniana do úmero en extensión máxima.

Diáfise

editar

Ten tres superficies e tres bordos. Na parte máis inferior permite a inserción do músculo pronador cadrado. Na superficie posterior insírese o abdutor curto do primeiro dedo.

Epífise inferior

editar

Na parte interna presenta unha superficie para a articulación co radio (articulación radiocubital inferior). Na parte inferior insírese o ligamento triangular do pulso.

Articulacións

editar

O cúbito artéllase con varios ósos do membro superior. Superiormente artéllase co úmero constituíndo a articulación umerocubital, que forma parte do cóbado. Na epífise superior artéllase tamén co radio, formando a articulación radiocubital superior. Na epífise inferior artéllase outra vez co radio.

  1. Dicionario Ir Indo