Músculo braquial anterior

O músculo braquial anterior é un músculo humano pertencente á rexión anterior do membro superior.

Insercións

editar

Cranialmente, insírese na diáfise umeral, nas partes inferiores das caras interna e externa. Tamén, no bordo anterior. Caudalmente, insírese no cúbito, na superficie inferior da apófise coronoide.

Relacións

editar

Discorre por enriba do músculo bíceps braquial. Entre ambos discorre o nervio musculocutáneo, que é ademais o nervio que os innerva. Na parte máis inferior forma o límite interno da canle bicipital interna.

Funcións

editar

É o flexor máis potente do cóbado.

Innervación e vascularización

editar

A innervación procede do nervio musculocutáneo, mentres que a vascularización é achegada pola arteria umeral.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.