Músculo

órgano formado por tecido muscular

O músculo[1] (do latín, musculus, diminutivo de mus, "rato"[2][3][4][5]) é o tecido contráctil do corpo; deriva da capa mesodérmica de células xerminais embrionarias. En conxunto, son cada un dos órganos carnosos que, con súa contractilidade, son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. O elemento anatómico constitutivo é a fibra muscular, que pode ser lisa ou estriada.[3] E por musculatura enténdese a agrupación de, ora todos os músculos do corpo, ora os dunha parte concreta do corpo[6] (por exemplo, a musculatura facial ou a musculatura cervical).

Músculos humanos segundo un debuxo do anatomista Andreas Vesal (De humani corporis fabrica (1543).

A súa función debe ser o feito de producir movemento de forza que fai posible a locomoción ou o movemento dentro dos órganos internos; os músculos contráense co obxectivo de desprazar ou mover partes do corpo, e transportar substancias no seu interior. En fisioloxía, o músculo é un dos catro tipos de tecidos. Os outros tres son o epitelio, o tecido conxuntivo e o tecido nervioso.[7]

Moitas das contraccións de músculos realízanse sen unha acción consciente, e son accións precisas para a supervivencia, como o é a contracción do corazón, ou o movemento peristáltico, que fai circular o alimento a través do sistema dixestivo. A contracción consiste na capacidade que teñen os músculos de diminuír de lonxitude nunha das dimensións e aumentala noutras.[8] A contracción de músculos voluntarios utilízase para mover o corpo, e pódese controlar minuciosamente, como son os movementos do ollo, ou movementos grandes como o do cuadríceps da coxa. O meirande é o glúteo maior (o cal, xunto co glúteo medio e o glúteo menor serven para erguerse e soster a pelve, por movementos do fémur e da coxa).[9]

Embrioloxía

editar

Todos os músculos derivan do mesoderma paraxial.[10] O mesoderma paraxial divídese ó longo do embrión en somitos, que se corresponden coa segmentación do corpo (como se pode observar de maneira obvia na columna vertebral).[10] Cada somito ten 3 divisións, esclerotoma (que forma vértebras), dermatoma (que forma a pel) e miotoma (que forma os músculos).[10] O miotoma divídese en dúas seccións, o epímero e o hipómero, para formar músculos epaxiais e hipaxiais, respectivamente.[10] Nos seres humanos, os músculos epaxiais son só os músculos erector da columna (sacroespinais) e os pequenos músculos intervertebrais, e están innervados polas pólas dorsais dos nervios espiñais.[10] Todos os outros músculos, incluíndo os das extremidades, son hipaxiais, formados a partir do hipómero e innervados polas pólas ventrais dos nervios espiñais.[10]

Durante o desenvolvemento, os mioblastoss (células precursoras das fibras musculares) poden permanecer nos somitos para formar os músculos asociados coa columna vertebral ou migrar cara ao corpo para formar todos os outros músculos.[10] A migración dos mioblastos é precedida pola formación de tecido conxuntivo, en xeral formado a partir da somática placa lateral do mesoderma.[10] Os mioblastos seguen sinais químicas nos lugares axeitados, onde se funden en células alongadas de músculo esquelético.[10]

Estrutura

editar

O músculo é un tecido formado por células fusiformes constituídas polo sarcolema, que é a membrana celular e o sarcoplasma que conteñen as organelas, o núcleo celular, mioglobina e un complexo armazón proteico de fibras chamadas actina e miosina cuxa principal propiedade, chamada contractilidade, é a de acurtar a súa lonxitude cando son sometidas a un estímulo químico ou eléctrico. Estas proteínas teñen forma helicoidal ou de hélice, e cando son activadas únense e rotan de forma que producen un acurtamento da fibra. Durante un só movemento existen varios procesos de unión e desunión do conxunto actina-mielina

Tipos de músculos

editar
 
Músculos do peito, ombro e brazo

Segundo a natureza

editar
De natureza estriada e de control voluntario. Forma os músculos esqueléticos do corpo, ou músculos voluntarios.
Non contén estrías e é controlada de xeito involuntario. Forma os músculos das paredes do tracto dixestivo, urinario, vasos sanguíneos e o útero: músculos involuntarios ou viscerales.

De natureza estriada e de control involuntario. Presente só no corazón.

O corpo humano está formado aproximadamente dun 40% de músculo esquelético e dun 10% de músculo cardíaco e visceral.

Segundo a súa localización

editar

De acordo coa súa localización, clasifícanse os músculos en dous grandes grupos:

  • Músculos cutáneos
Inmediatamente debaixo da pel, teñen as súas insercións na derme.
  • Músculos profundos
Estes son os esqueléticos, propiamente: están baixo aponeurose, e as súas insercións son -polo menos unha delas- óseas.

Funcións do músculo

editar
 
Un corazón humano onde existen fibras musculares diferenciadas
  • Produce movemento.
  • Xeran enerxía mecánica pola transformación da enerxía química (biotransformadores).
  • Dá estabilidade articular.
  • Serve como protección.
  • Mantemento da postura.
  • É o sentido da postura ou posición no espazo, grazas a terminacións nerviosas incluídas no tecido muscular.
  • Información do estado fisiolóxico do corpo, por exemplo un cólico renal provoca contraccións fortes do músculo liso xerando unha forte dor, signo do propio cólico.
  • Achegue de calor, pola súa abundante irrigación, pola fricción e polo consumo de enerxía.
  • Estimulante dos vasos linfáticos e sanguíneos, por exemplo a contracción dos músculos da perna bombean axudando ó sangue venosa e á linfa a que se dirixan en contra da gravidade durante a marcha.

O músculo é o órgano de maior adaptabilidade, modifica máis que ningún outro órgano tanto o seu contido como a súa forma, dunha atrofia severa pode volver reforzarse en pouco tempo, grazas ó adestramento, do mesmo xeito que co desuso se atrofia conducindo ó músculo a unha diminución de tamaño, forza, ata redución da cantidade de organelas celulares. No músculo esquelético, se se inmobiliza en posición de acurtamento, ó cabo de pouco tempo adáptase á súa nova lonxitude requirindo adestramento a base de estiramentos para volver á súa lonxitude orixinal, ata se se deixa estirado un tempo, pode dar inestabilidade articular pola hiperlaxitud adoptada.

Lista do músculos do corpo humano

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para músculo.
  2. O nome déuselle pola semellanza que viron entre os movementos deste roedor e dos que fai un músculo cando se contrae "Múscul", Diccionari enciclopèdic de medicina Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (consultado o 25 de xaneiro de 2008)
  3. 3,0 3,1 Grup Enciclopèdia Catalana (ed.). "múscul". Diccionari Enciclopèdic de Medicina. Barcelona. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 5 de marzo de 2012. 
  4. Alfred Carey Carpenter (2007). "Muscle". Anatomy Words (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2012. 
  5. Douglas Harper (2012). "Muscle". Online Etymology Dictionary (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2012. 
  6. "Musculatura". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  7. Departament d'Ensenyament. Generalitat de Catalunya (ed.). "El cos humà 2.0 - Tipus de teixits". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 7 de maio de 2013. 
  8. "Contracció muscular". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  9. "Natja". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 10,7 10,8 Sweeney, Lauren J. (1 de dececmbro de 1997). Basic Concepts in Embryology: A Student's Survival Guide (en inglés) (1a ed. ed.). McGraw-Hill Professional. p. 480. ISBN 978-0-07-063308-7. Consultado o 6 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar