Cuadríceps
O músculo cuadríceps femoral ou simplemente cuadríceps [1](denominación científica: musculus quadriceps femoris )[2] é o músculo máis potente e voluminoso de todo o corpo humano. É o que soporta o noso peso e permítenos andar, camiñar, sentar e correr. Denomínase cuadríceps por ter catro testas musculares. Atópase na cara anterior do fémur.[3]
Músculo cuadríceps femoral | |
---|---|
Músculo cuadríceps femoral. | |
Músculo cuadríceps femoral (animación). | |
Latín | 'musculus quadriceps femoris' |
Gray's | pág.470 |
Sistema | Muscular |
Arteria | Arteria femoral |
Nervio(s) | Nervio femoral |
Precursor | Extensión de perna |
MeSH | Quadriceps+Muscle |
Descrición
editarMúsculos que o compoñen e a súa orixe
editar- Músculo recto femoral ou recto anterior: Cobre o vasto intermedio e parte dos vastos medial e lateral. Orixínase na espiña ilíaca anteroinferior e cella cotiloidea, ambas as dúas no óso coxal.
- Músculo vasto medial ou vasto interno: Cara antero-medial (cara á liña media ou cara interna) da coxa. Insérese na patela (rótula) e tibia. Ten unha orixe extensa que vai desde a parte distal (extremo medial inferior) da liña intertrocantérea até o labio medial da liña áspera, ambas as liñas pertencentes ao fémur.
- Músculo vasto lateral ou vasto externo: Cara antero-lateral (cara externa) da coxa. Orixínase na parte superior da liña intertrocantérea, no trocánter maior, e bordo lateral da liña áspera.
- Músculo vasto intermedio ou crural, situado entre os dous anteriores, na cara anterior do fémur e por baixo do recto femoral. É o máis profundo dos 4 ventres do cuadríceps. Orixínase nos dous terzos superiores das caras anterior e lateral do fémur.
Inserción
editarO catro ventres converxen e forman un tendón moi groso e potente chamado tendón do cuadríceps (ou cuadricipital), o cal se insere na base e costados da rótula. Logo este tendón pasa a constituír o ligamento ou tendón rotuliano, o cal vai desde o vértice da rótula até a tuberosidade anterior da tibia.
Función
editarOs cuadríceps son potentes extensores do artellamento do xeonllo. Son cruciais para camiñar, correr, saltar e porse en crequenas. Debido a que o recto femoral liga co óso ilio, tamén é un flexor da cadeira. Esta acción tamén é crucial para camiñar ou correr, xa que balancea a perna cara a adiante no seguinte paso. Os cuadríceps, especificamente o vasto medial, desempeñan a importante función de estabilización da rótula e o artellamento do xeonllo durante a marcha.[4]
Innervación
editarNervio crural ou femoral (L2-L4).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuadíceps.
- ↑ Vocabulario de medicina, Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008; Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Gray´s Anatomy para Estudiantes. Elsevier. ISBN 9788481748321.
- ↑ Therapeutic Exercises, Carolyn Kisner & Lynn A. Colby, 5th ed. (2002) 692-93. (en inglés)