Ligamento posterior do cóbado

O ligamento posterior do cóbado é un ligamento do membro superior humano, pertencente ao cóbado. É un ligamento máis delgado que o ligamento anterior e ten un aspecto membranoso. Está composto por febras oblicuas, que se cruzan no seu traxecto. Insírese no bordo medial da tróclea umeral e na fosa olecraniana para descender cara ao antebrazo. Inferiormente insírese no olécrano, na cavidade glenoide menor do cúbito e no ligamento anular do cóbado. O ligamento ten por detrás o tendón do músculo tríceps braquial e o músculo ancóneo.

Ligamentos do cóbado.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.