Tendón
O tendón é unha parte do músculo estriado, de cor branca, de consistencia forte e non contráctil, constituído por fibras de tecido conectivo que se agrupan en fascículos.
Tendón | |
---|---|
![]() | |
O tendón de Aquiles | |
![]() | |
Tendóns dunha man | |
Latín | tendo |
Dorlands/Elsevier | Tendon |
Características Editar
Os tendóns están formados por tecido conectivo denso. As fibras que o forman encóntranse entrelazadas por tecido conectivo denso regular non modelado, recibindo o nome de peritendón. O tendón exposto ao ar deteriorase rapidamente (por exemplo, en feridas ou intervencións cirúrxicas). Segundo a súa disposción, os tendóns clasifícanse da seguinte maneira:
- Sen vaíña sinovial: situados en zonas de baixa fricción.
- Con vaíña sinovial: situados en zonas de maior fricción.
Características histolóxicas Editar
Está formado principalmente por fibras de coláxeno de tipo I, moi estreitamente agrupadas entre si, ademais dunha escasa cantidade de fibras elásticas e mucopolisacáridos (encárganse de mantelo unido ao óso).
Localización Editar
Está situado a nivel dos músculos e ten a función de facer de nexo entre o músculo e o óso. Poden unir tamén os músculos a estruturas moles como o globo ocular.
Función Editar
Teñen a función de inserir o músculo no óso ou na fascia e trasmitirlles a forza da contracción muscular para producir un movemento. Mentres que os tendóns serven para mover o óso ou a estrutura, os ligamentos son o tecido conectivo fibroso que unen os ósos entre si e xeralmente a súa función é a de unir estruturas e mantelas estables.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Bibliografía Editar
- Wheater's. Histología funcional (en castelán).