Un ligamento é unha estrutura anatómica en forma de banda, composto por fibras resistentes que conectan os tecidos que unen os ósos nas articulacións. En resumo, é unha banda fibrosa resistente que confere estabilidade á articulación, de maneira que é fundamental para o movemento dos ósos.

Ligamento

Latín = ligamenta

Articulación típica
Diagrama do xeonllo dereito

Composición editar

O ligamento componse de fibras musculares ríxidas, dunha natureza similar aos tendóns. Este tecido preséntase estruturado por un grupo de pequenas entidades denominadas fascículos, os cales conforman as fibras básicas. Á súa vez, nesta estrutura existen fibras onduladas que contribúen de forma significativa na súa resposta non lineal a un esforzo de tensión aplicado; non obstante, aínda non está claro en que forma e cantidade é a relación función-estrutura que desempeña un papel no comportamento dun ligamento.

Función editar

A función dos ligamentos é a unión e estabilización de estruturas anatómicas, de modo que é común encontrar entre os ósos e cartilaxes do organismo, especialmente naqueles en que forman articulacións. A diferenza dos tendóns, que conectan músculos con óso, os ligamentos interconectan ósos adxacentes entre si, tendo un rol moi significativo no sistema músculo-esquelético. Nunha articulación, os ligamentos permiten e facilitan o movemento dentro das direccións anatómicas naturais, mentres que restrinxe aqueles movementos que son anatomicamente anormais, impedindo lesións ou protrusións que poderían xurdir por este tipo de movemento.

Clasificación editar

Os ligamentos clasificanse tradicionalmente como:

  1. Acintados: ligamentos que pasan dun óso a outro sen perder contacto en ningún momento co óso.
  2. Cordonados: ligamentos que saltan dunha estrutura ósea á seguinte.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar