Músculo ancóneo

O músculo ancóneo é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo. É o músculo máis medial dos extensores superficiais. Ten forma triangular.

Musculusanconeus2.png

Orixe e inserciónsEditar

A súa orixe áchase no epicóndilo lateral do úmero e se insire na apófise olecraniana no cúbito e na superficie posterior do mesmo óso.

FunciónEditar

Abduce o cúbito durante a pronación, co obxectivo de manter a man no mesmo punto cando se xira. Tamén se pode considerar coma un extensor acesorio do cóbado.

InnervaciónEditar

Está innervado polo nervio radial.