Compartimento anterior do antebrazo

O compartimento anterior do antebrazo é a parte anatomicamente máis anterior do antebrazo. Tamén se pode denominar compartimento flexor, debido a que case todos os músculos desta rexión son flexores. Outros realizan funcións de pronación.

Compartimento posterior do antebrazo
Sección axial superior do antebrazo
Latín compartimentum antebrachii anterius
Arteria arteria cubital
Nervio(s) nervio cubital, nervio mediano (nervio interóseo anterior)

A este compartimento pertencen os seguintes músculos, distribuídos en dous planos, un superficial e outro fondo.

Nivel Músculo E/I Nervio
superficial músculo flexor radial do carpo E mediano
superficial músculo palmar longo E mediano
superficial músculo flexor cubital do carpo E nervio cubital
superficial músculo pronador redondo I mediano
superficial (ou intermedio) músculo flexor común superficial dos dedos E mediano
fondo músculo flexor común fondo dos dedos E cubital e mediano (nervio interóseo anterior)
fondo músculo flexor longo do polgar E mediano (nervio interóseo anterior)
fondo músculo pronador cadrado I mediano (nervio interóseo anterior)

As letras E e I refírense a inserción extrínseca (fóra do antebrazo) e intrínseca (no propio antebrazo).

Por este compartimento discorren ademais o nervio cubital e a arteria cubital.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.