Músculo flexor ulnar do carpo

(Redirección desde «Músculo flexor cubital do carpo»)

O flexor ulnar do carpo, flexor cubital do carpo ou músculo cubital anterior é un músculo do membro superior humano, situado no compartimento anterior do antebrazo.

Vista dorsal (esquerda) e ventral (dereita) dos músculos profundos do antebrazo. O cubital anterior é visible en azul.

Orixe e insercións

editar

A orixe do músculo localízase no epicóndilo medial do úmero, e no olécranon e bordo posterior do cúbito. A inserción caudal áchase no óso pisiforme do carpo. Dende este óso, ancórase ao carpo a través dos ligamentos pisiganchudo e pisimetacarpiano, que se insiren no óso ganchudo e na base do V metacarpiano.

Función

editar

Flexiona e aduce a articulación do pulso.

Innervación

editar

É innervado polo nervio cubital, que recibe achegas de C7, C8 e T1.

Vascularización

editar

É vascularizado pola arteria cubital.