Músculo flexor radial do carpo

Flexor-carpi-radialis.png

O músculo flexor radial do carpo é un músculo do membro superior humano situado no compartimento anterior do antebrazo. Sitúase por fóra do músculo palmar longo. Ten un tendón longo que se estende ata a man.

Orixe e inserciónsEditar

A súa orixe atopámola no epicóndilo medial do úmero, mentres que as insercións caudais áchanse na base do II e III metacarpianos.

FunciónEditar

Flexiona e abduce o pulso.

InnervaciónEditar

É innervado polo nervio mediano.

VascularizaciónEditar

Está vascularizado pola arteria radial.