Músculo pronador redondo

O músculo pronador redondo é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo.

Músculo pronador redondo
Vista anterior do antebrazo esquerdo. Pronador redondo en azul.
Latín musculus pronator teres
Orixe Cabeza do úmero: epicóndilo medial e crista supracondílea

Cabeza do cúbito: zona medial da apófise coronoide

Inserción    Metade da cara lateral do radio
Vascularización Arteria ulnar e arteria radial
Innervación Nervio mediano
Accións Pronación do antebrazo e flexión do cóbado
Antagonista Músculo supinador

Orixe e insercións editar

A súa orixe áchase no epicóndilo medial do úmero e na crista supracondílea do mesmo óso. Algunhas febras parten do bordo medial da apófise coronoide do cúbito. A inserción caudal localízase na superficie lateral da diáfise radial.

Función editar

A principal función do pronador redondo é a pronación do antebrazo, xirando a man cara a atrás, aínda que tamén realiza unha pequena flexión do cóbado ou axuda a flexionalo cando exista unha forte resistencia.

Innervación editar

É innervado polo nervio mediano.

Vascularización editar

Recibe pólas da arteria radial e da arteria cubital.

Imaxes adicionais editar