Músculo supinador curto


O músculo supinador curto é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.

Músculo supinador
Músculo supinador - visión posterior
Latín musculus supinator
Gray's subject #125 454
Orixe Epicóndilo lateral do úmero; crista do músculo supinador
Inserción    Face posterior do radio.
Vascularización Arteria recorrente radial.
Innervación Ramo profundo do nervio radial (C V, VI)
Accións Supinación do antebrazo.

Orixe e insercións

editar

A orixe é dobre:

  • A porción superficial ou umeral áchase no epicóndilo lateral do úmero. Hai febras de inserción no ligamento anular e no ligamento colateral radial.
  • A porción fonda ten a súa orixe na crista do músculo supinador curto na superficie posterolateral do cúbito.

Ambas dúas porcións únense e cobren a superficie posterior do radio na parte superior, para despois insertárense coma un único tendón na superficie lateral do mesmo óso, por encima da inserción do músculo pronador redondo.

Función

editar

Supina a man.

Innervación

editar

É innervado pola póla fonda do nervio radial.