O nervio radial é un nervio do membro superior procedente do tronco secundario posterior. É un nervio mixto e é o único eixo extensor da porción apendicular do membro superior. O nervio radial atopámolo na axila e desde alí diríxese primeiro á parte interna do brazo e logo á posterior pasando pola canle radial do úmero. Despois vai á parte externa do epicóndilo e divídese en dúas ramas: anterior, que é sensitiva pura e unha posterior que é motora pura.

Nervio radial
n. radialis Editar o valor en Wikidata

Instancia detipo de nervio e clase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase denervio periférico e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Parte deplexo braquial Editar o valor en Wikidata
Rama anatómica deposterior cord (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ten rama anatómicaposterior cutaneous nerve of arm (en) Traducir, inferior lateral cutaneous nerve of arm (en) Traducir, posterior cutaneous nerve of forearm (en) Traducir, muscular branches of the radial nerve (en) Traducir, deep branch of radial nerve (en) Traducir, superficial branch of radial nerve (en) Traducir, posterior muscular branch of radial nerve (en) Traducir, nerve to extensor carpi radialis longus (en) Traducir, nerve to brachioradialis (en) Traducir, lateral muscular branch of radial nerve to brachialis (en) Traducir, nerve to articularis cubiti (en) Traducir, branch of medial muscular branch of radial nerve to long head of triceps brachii (en) Traducir e ulnar collateral nerve (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Innervamúsculo braquial anterior, músculo braquiorradial, tríceps braquial, Músculo ancóneo e Músculo extensor radial longo do carpo Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD011826 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A14.2.03.049
Wikidata ] C:Commons ]

Relacións

editar

Na axila por fóra ten o nervio circunflexo e por diante ten as ramas anteriores do plexo braquial: nervio musculocutáneo, nervio mediano, nervio cubital, nervio braquiocutáneo interno e o nervio accesorio, e a articulación umeral.

Sae da axila e diríxese cara a parte interna do brazo. Chega á parte media do brazo, pasa pola canle de torsión do úmero xunto coa arteria umeral fonda e dúas veas umerais fondas, constituíndo o paquete vasculonervioso radial do brazo. Ao saír da canle, ao nivel do cóbado, o nervio radial aproxímadr á canle bicipital exerna relacionándose coa arteria umeral fonda. Neste punto divídese en dúas ramas terminais.

Ramas colaterais

editar

Ramas sensitivas

editar
  • Rama cutánea interna: dá sensibilidade á pel da parte interna e posterior do brazo.
  • Rama cutánea externa: dá sensibilidade á pel da parte posterior e externa do brazo.
  • Rama para o cóbado.

Ramas motoras

editar
  • Rama para a porción longa do bíceps.
  • Rama para o vasto externo.
  • Rama para o vasto interno.
  • Rama para o músculo ancóneo.

Tamén innerva dous músculos do antebrazo: o músculo supinador longo e o músculo primeiro radial externo.

Ramas terminais

editar

Rama anterior

editar

É sensitiva. Sitúase entre o supinador longo e o palmar maior. Forma o paquete vasculonervioso radial do antebrazo xunto coa arteria radial e dúas veas satélite radiais. Esta rama pasa pola parte externa do carpo e faise posterior. Despois dá dúas colaterais dorsais para aos dedos. Tamén da innervación sensitiva á parte antero-externa do antebrazo e anastomósase co nervio cubital.

Rama posterior

editar

É motora. Atópase entre os fascículos do supinador longo. Desde alí, diríxese á parte posterior do antebrazo, a través da cal accede á man. Nela, innerva aos seguintes músculos:

  • Segundo radial externo
  • Supinador longo
  • Extensor común dos dedos
  • Extensor propio do V dedo
  • Cubital posterior
  • Excepcionalmente, ancóneo
  • Abdutor longo do I dedo
  • Extensor curto do I dedo
  • Extensor longo do I dedo
  • Extensor propio do II dedo
  • Abdutor curto do I dedo