Compartimento posterior do antebrazo
O compartimento posterior do antebrazo é o compartimento anatomicamente máis posterior do antebrazo. Tamén é denominado compartimento extensor porque a función principal dos músculos que alberga é a extensión e a supinación.
Compartimento posterior do antebrazo | |
---|---|
Sección axial superior do antebrazo | |
Latín | compartimentum antebrachii posterius |
Arteria | arteria radial, arteria recorrente radial, arteria fonda braquial, arteria interósea posterior |
Nervio(s) | nervio radial, (nervio interóseo posterior) |
O compartimento posterior contén os seguintes músculos:
Level | Muscle | E/I |
(só nalgunhas ocasións*) | músculo braquiorradial | I |
superficial | músculo extensor radial longo do carpo | E |
superficial | músculo extensor radial curto do carpo | E |
superficial | músculo extensor cubital do carpo | E |
intermedio | músculo extensor dos dedos | E |
intermedio | músculo extensor do dedo maimiño | E |
fondo | músculo abdutor longo do polgar | E |
fondo | músculo extensor curto do polgar | E |
fondo | músculo extensor longo do polgar | E |
fondo | músculo extensor do índice | E |
fondo | músculo supinador longo | I |
fondo | músculo ancóneo | I |
- O músculo braquiorradial é un músculo propio do compartimento anterior do antebrazo, pero nalgunhas ocasións aparece no posterior.
As letras E e I refírense a inserción extrínseca (fóra do antebrazo) e intrínseca (no propio antebrazo).
Polo compartimento posterior discorre o nervio radial, que innerva a todos estes músculos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.