Nervio interóseo anterior

O nervio interóseo anterior é un nervio do membro superior humano. Está situado no antebrazo. É unha rama do nervio mediano, que se orixina entre as dúas porcións do músculo pronador redondo. Percorre o antebrazo xunto á arteria interósea anterior, innervando músculos do plano fondo (músculo flexor longo do polgar da man, metade medial do músculo flexor común fondo dos dedos da man e o músculo pronador cadrado). Termina dando varias ramas colaterais para o pulso.

Nervios do membro superior

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.