Músculo flexor común superficial dos dedos da man
O músculo flexor común superficial dos dedos da man é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo. Está situado nun plano intermedio.
Orixe e insercións
editarEste músculo posúe dúas grandes porcións:
- Unha porción umerocubital, que se orixina no epicóndilo medial do úmero e na zona próxima do bordo medial da apófise coracoide do cúbito.
- Unha porción radial, que se orixina na liña oblicua anterior do radio.
Entre ambas as porcións discorren o nervio mediano e a arteria cubital. Na zona próxima ao pulso divídese en catro tendóns, que pasan polo túnel do carpo e se dirixen aos dedos segundo a quinto. Os tendóns para o II e V dedo van por debaixo do III e IV. Preto das falanxes, cada tendón se divide en dous, que se insiren en ambos os bordos da falanxe media.
Función
editarÉ un flexor da articulación metacarpofalánxica, interfalánxica proximal de cada dedo e da articulación do pulso.
Innervación
editarÉ innervado polo nervio mediano.