A lingua de sinais[1] ou lingua de signos é un sistema de comunicación utilizado sobre todo entre as persoas con xordeira e problemas auditivos.

Lingua de sinais
Creado por: As linguas de sinais desenvolvéronse de forma natural nas comunidades xordas ao longo dos séculos, e diversas persoas fixeron achegas significativas. Por exemplo, Charles-Michel de l'Épée no século XVIII, axudou a sistematizar a lingua de sinais francesa (LSF) e Thomas Hopkins Gallaudet levou eses métodos aos Estados Unidos, contribuíndo ao desenvolvemento da lingua de sinais americana (ASL).
Emprego e uso: Comunicación na comunidade xorda
Total de falantes:
Categoria (propósito): Lingua de sinais
Escrita: Sistema de escritura para linguas de sinais (non universal). Son comúns diversos gráficos para representar os alfabetos de signos. Os subtítulos ou publicacións escritas seguen as convencións das linguas propias dos países onde se desenvolven as diversas linguas de sinais.
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: art
ISO 639-3: (Lingua de sinais americana), bfi (Lingua de sinais británica), fsl (Lingua de sinais francesa), ssp (Lingua de sinais española) ase (Lingua de sinais americana), bfi (Lingua de sinais británica), fsl (Lingua de sinais francesa), ssp (Lingua de sinais española)
Mapa
mapa coas distintas familias lingüísticas de sinais
Status

É un tipo de linguaxe que utiliza xestos e signos naturais para a expresión de ideas e sentimentos. O máis estudado e utilizado é o ASL ou AMESLAN (American Sign Language). Esta linguaxe está constituída por un código de sinais que se efectúan de acordo con tres parámetros: configuración da man, movemento desta e lugar onde se realiza o signo.

As frases prodúcense nun espazo determinado: verticalmente, dende a cintura ata a parte alta da cabeza e, en sentido horizontal, esténdese algúns centímetros a cada lado do corpo.

Ao final da frase indícase cunha pausa e as mans en posición de repouso (cerca da parte baixa onde se producen os sinais).

A interrogación indícase ó final da frase, mantendo as mans en posición final e dirixíndoas cara ó destinatario, antes de volver á súa posición de repouso; pola súa vez, o rostro adopta unha actitude interrogante.

A expresión facial non é exclusiva das informacións interrogativas, senón que esta, xunto co movemento e a expresión do corpo, son de suma importancia para comprender a frase, de tal xeito que a combinación da cabeza e a expresión facial poden indicar unha relación gramatical de subordinación e unha oración de relativo.

Preservation of the Sign Language (1913)

A adquisición temperá desta linguaxe é positiva para o desenvolvemento cognitivo e lingüístico dos nenos xordos profundos, pero sobre todo se é acompañada da falada, é dicir, se se leva a cabo unha educación e comunicación bimodal.

Linguas de sinais na Península ibérica

editar
 
Linguas de sinais na Penínmsula.

Considérase que existen entre tres e catro linguas diferentes na Península Ibérica (sen contar Xibraltar).

A Lingua de Sinais Portuguesa (LSP), en verde, pertence a unha familia distinta, a Lingua de Sinais Española (LSE) en amarelo, a Lingua de Sinais Catalá (LSC) en roxo e a Lingua de Sinais da Comunidade Valenciana (LSCV) en alaranxado pertencen á mesma familia en orixe, pero diverxen até un 70% nos substantivos. As variantes galega e éuscara diverxen entre un 10% e un 30% da LSE.

Véxase tamén

editar

Artigos na Galipedia relativos a linguas de sinais no mundo

editar

Outros artigos

editar