Linguas de sinais aborixes de Australia

linguas desenvolvidas en moitas das culturas aborixes australianas e no estreito de Torres

As linguas de sinais aborixes de Australia fan referencia a aquelas desenvolvidas en moitas das culturas aborixes australianas e tamén polos insulares do estreito de Torres. Consisten nunhas linguaxes codificadas manualmente que constitúen unha contrapartida da linguaxe oral.

Orixe editar

Pénsase que a súa orixe ten relación cos tabús da linguaxe que se dan entre en moitas das linguas aborixes australianas e algunhas linguas nativas de América do Norte. Estas restriccións na linguaxe cotiá danse entre determinados parentes ou en situacións e momentos especiais, como durante un período de loito para as mulleres ou durante as cerimonias de iniciación para os homes.

Historia editar

As primeiras linguas de sinais que observaron os colonos europeos foron as do norte de Queensland en 1908 (Roth). Os estudos e investigacións sobre as mesmas inícianse pola iniciativa do lingüista norteamericano La Mont West, e máis tarde e con maior profundidade polo lingüista inglés Adam Kendon.

Distribución editar

As linguas de sinais máis desenvolvidas semellan concentrarse nas zonas cos tabús da linguaxe máis amplos, como son o deserto central (sobre todo entre os Warlpiri e Waramanga), e o oeste da Península do Cabo York. Outras linguas xestuais complexas atópanse no centro-sur, as rexións occidentais do deserto, o Golfo de Carpentaria (incluíndo o noroeste da Terra de Arnhem e as Illas Tiwi), algunhas illas do estreito de Torres e as rexións do sur das áreas Fitzmaurice e Kimberley. A evidencia de linguas de sinais noutros lugares é escasa aínda que se teñen documentado até a costa sur (Lingua de sinais jaralde). Existen tamén documentos de comezos do século XX que indican que as xentes da costa oeste tamén empregaban este sistema de comunicación. Porén, moitos destes códigos de sinais xa non se usan e moi poucos están documentados.

Comunidade xorda editar

Diversos informes sobre a situación dos membros xordos nas comunidades indíxenas indican que hai unha boa inclusión na vida cultural, mentres que outros indican que as persoas xordas non aprenden a linguaxe de sinais aborixe, senón que, ó igual que outras persoas xordas, adoitan desenvolver un sinxelo sistema de sinais caseiro para comunicarse coa súa familia inmediata. Porén, existe un dialecto do Auslan (acrónimo de "Australian sign language", en galego Lingua de sinais australiana) no extremo norte de Queensland que está fortemente influenciado polas linguas xestuais indíxenas da rexión.

Listaxe das linguas de sinais aborixes editar

* "Desenvolvida"
** "Moi desenvolvida"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar