Insulares do estreito de Torres

poboadores orixinarios das illas do estreito de Torres e de parte de Queensland

Os insulares do estreito de Torres son os poboadores orixinarios das Illas do estreito de Torres e de parte do actual estado de Queensland. Segundo a lexislación australiana, constitúen xunto cos aborixes australianos os dous grupos de indíxenas australianos do país. O 6% dos indíxenas australianos identifícase plenamente como Insular do estreito de Torres. Outro 4% dos indíxenas australianos identifícase tendo herdanza mixta aborixe e do estreito de Torres.[1]

Insulares do estreito de Torres
Carauta do estreito de Torres (século XIX)
Poboación
Poboación total:
48 000
Rexións principais:
Australia Illas do estreito de Torres6 000
Australia Queensland42 000
Aspectos culturais
LinguaLinguas das illas do estreito de Torres
RelixiónCristianismo
Grupos
relacionados
Aborixes australianos, papúas e kanaka
Illas do estreito de Torres

Poboación

editar

Hai preto de 6.000 Insulares do estreito que viven nas Illas do estreito de Torres, e outros 42.000 que viven fóra delas, maioritariamente no norte de Queensland, destacando as localidades de Townsville e Cairns.[2]

Cultura

editar

Os Insulares do estreito de Torres posúen unha herdanza cultural e historia distinta das tradicións aborixes. Os que viven na área leste do Estreito de Torres, están relacionados cos pobos de Papúa Nova Guinea, e falan unha lingua papúa.[3] Así pois, non son xeralmente incluídos baixo a denominación "aborixes australianos". Este foi outro factor para a promoción do máis inclusivo termo "indíxenas australianos".

Linguas

editar

Os indíxenas de Torres falan dúas linguas autóctonas. Os da parte central e occidental falan linguas do grupo pama-nyunganas (kalaw lagaw ya, kalau kawau ya, kulkalgau ya e kawalgau ya), mentres que os da parte oriental falan a lingua meriam mìr, do grupo de linguas papúas.

Insulares do estreito destacábeis

editar
  1. Aboriginal and Torres Strait Islander population, Australian Bureau of Statistics 2004. Consultado o 21 de xuño de 2007.
  2. "Australia's Aboriginal and Torres Strait Islander peoples". Australia Now. Australian Government Department of Foreign Affairs and Trade. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2006. Consultado o 2006-12-10. 
  3. "Ethnologue report for language code: ulk". Ethnologue.com. Consultado o 9 de agosto de 2009. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar