Linguas pama-nyunganas

As linguas pama-nyunganas[1] constitúen a familia lingüística máis espallada de entre as linguas aborixes de Australia[2] con 281 linguas diferentes.[3]

Mapa lingüístico de Australia. As linguas pama-nyunganas están resaltadas coa cor amarela.

O nome "pama-nyungana" deriva dos nomes de dous subgrupos de linguas moi separadas xeograficamente, as linguas paman do nordeste e as linguas nyunganas do suroeste. As palabras pama e nyunga significan "home" nas respectivas linguas.

As outras familias de linguas indíxenas de Australia adóitanse clasificar, por exclusión, como linguas non pama-nyunganas, aínda que este non é un termo taxonómico. As linguas pama-nyunganas contan co maior número de linguas debido ao seu amplo espallamento xeográfico e tamén coa maioría da poboación de aborixes australianos. Porén, a meirande parte delas teñen só uns poucos centos de falantes ou menos e están consideradas linguas en perigo de extinción. Algunhas xa pasaron a ser linguas mortas.

  1. Definición de pama-nyungana no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Frawley, William J. International Encyclopedia of Linguistics. p. 232. 
  3. "Pama-nyungan". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar