Lingua en perigo de extinción
Falar dunha lingua en perigo de extinción é referirse a aquelas linguas do mundo que son susceptibles de desaparecer por variadas causas, que poden clasificarse conforme ao seguinte esquema:
Substitución da lingua
editarAcontece cando os usos e funcións dunha lingua van perdendo distribución nunha poboación a favor doutra. Isto é o que leva acontecendo os últimos séculos coa perda do galego fronte ó castelán, fenómeno coñecido coma diglosia no sentido co que se coñece este termo na sociolinguística das linguas minorizadas peninsulares (o seu senso orixinal partindo dos traballos de Joshua Fishmann é o mesmo que o que a Xunta de Galicia e Regueira[quen?] vén chamar Bilingüísmo harmónico, onde dúas linguas reparten os seus usos na poboación en distribución complementaria sen contextos de conflito). Este proceso pode avaliarse a nivel individual ou a nivel demográfico. Ó inverso do primeiro chámaselle lealdade lingüística, mentres que o segundo é o proceso substitutorio sensu stricto. Este fenómeno dáse normalmente nos casos nos que os falantes da lingua minorizada teñen certa consciencia de comunidade de falantes e existe certa lealdade lingüística;
Desaparición da lingua
editarDesaparición física dos falantes
editarEstes procesos poden deberse a dúas causas: naturais ou humanas. Un exemplo de causas naturais pode ser o tsunami acontecido no Índico a finais do 2004: xa que había linguas faladas por moi poucos habitantes (v. Demografía lingüística), os cales residían en zonas costeiras, unha catástrofe destas dimensións é quen de matar a tódolos falantes desas linguas. A outra causa, a humana, pode ser involuntaria ou non: mentres que os colonizadores ibéricos provocaron un verdadeiro masacre en América (fálase da desaparición de ata o 90% da poboación) debido ás enfermidades que exportaron ata alí, o caso da guerra dos Balcáns foi de verdadeiro xenocidio.
Desaparición da transmisión familiar
editarProdúcese cando os falantes non lles aprenden a falar ás novas xeracións na lingua que se está extinguindo. Isto prodúcese adoito en combinación coa substitución lingüística enriba mencionada. Os casos máis coñecidos de extinción lingüística son os seguintes (por orde cronolóxica):
- 1877: Dolly Pentreath, derradeira falante de córnico (Reino Unido);
- 1898: Tuone Udaina (ou Antonio Udine), derradeiro falante de dálmata vegliota, (entre Italia e Croacia);
- 1916: Ishi (que significa "home" e de quen nunca se soubo o nome propio xa que para eles era tabú mencionalo), derradeiro falante de yahi (Estados Unidos);
- 1918: Marie Smith Jones, derradeira falante de eyak (Alasca), morta o 21-01-2008[1];
- 1951: John Albert, derradeiro falante do alsea (Estados Unidos)
- 1974: Edward "Ned" Maddrell, mariñeiro (grazas ó cal conservouno ata a morte xa que o utilizaba para falar cos gaélicos irlandeses) e derradeiro falante da lingua céltica manx (Reino Unido);
- 1981: Jinbilnggay (tamén chamado Alf Palmer), derradeiro falante de warrungu (Australia);
- 1986: Jack Butler, derradeiro falante de jiwarli (Australia);
- 1992: Tevfik Esenc de 88 anos, derradeiro falante de ubikh (Turquía);
- 1996: Red Thunder Cloud (traducible por "Nube de raio vermello", tamén chamado Carlos Westez), derradeiro falante de catawba (Estados Unidos).
Notas
editar- ↑ "A lingua eyak desapareceu coa súa derradeira falante nativa en Alaska". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2008. Consultado o 25 de xaneiro de 2008.