Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (DUDL, UDLR polas siglas en inglés) é un documento asinado por UNESCO, o PEN club internacional e por varias organizacións non gobernamentais en 1996 para promover e defender os dereitos lingüísticos, especialmente no caso das linguas ameazadas.

Apoios editar

Esta declaración obtivo o apoio unánime tanto do Congreso dos deputados do Estado español como do Parlamento de Galiza.

Varias personalidades internacionais deron o seu apoio á DUDL, entre eles Nelson Mandela, Noam Chomsky, José Ramos-Horta, Dalai Lama, Desmond Tutu, Adolfo Pérez Esquivel, Josep Carreras, Seamus Heaney, Ngũgĩ wa Thiong'o, Shimon Peres, Judit Mascó, Peter Gabriel ou Joan Oró[1].

Notas editar

  1. "La Declaració Universal dels Drets Lingüístics compleix vint anys". Setmanari Sóller (en catalán). 2016-06-07. Consultado o 2022-06-25. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar