Josep Carreras

(Redirección desde «José Carreras»)

Josep Carreras, nado en Barcelona o 5 de decembro de 1946, é un tenor de orixe catalá, famoso polas súas interpretacións en obras de Verdi e de Puccini. Adquiriu nome grazas a súa participación en "Os Tres Tenores" xunto a Luciano Pavarotti e Plácido Domingo. Retirouse o 7 de maio de 2009.

Modelo:BiografíaJosep Carreras

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Josep Maria Carreras i Coll
(es) José Carreras Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Sants, España Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónConservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSony Classical Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0007168 Allocine: 28013 Allmovie: p11252
BNE: XX1096382 Spotify: 1ahGKezyX9Rl7GuEF2tc15 iTunes: 387319 Musicbrainz: 7716ddac-2f24-44fa-81b1-bfa920811445 Songkick: 330260 Discogs: 462603 Allmusic: mn0000051740 WikiTree: Carreras_i_Coll-1 Genius: Jose-carreras Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Carreras demostrou as súas aptitudes musicais dende neno. Á idade de oito anos realizou a súa primeira actuación en público ó cantar La donna è mobile na radio española. Ós once anos apareceu por primeira vez no Liceu barcelonés como un novo soprano no papel de narrador da ópera de Manuel de Falla El retablo de Maese Pedro e nun pequeno papel no segundo acto de La Bohème.

Durante a súa adolescencia, Carreras estudou no Conservatorio Superior de Música do Liceo. Debutou en 1970 en Barcelona como Ismael en Nabucco e na ópera Norma, chamando a atención da soprano Montserrat Caballé, que protagonizaba a obra. Caballé invitoulle a cantar na produción Lucrezia Borgia, o primeiro grande éxito de Carreras. Volveu cantar con Caballé no 1971 interpretando Maria Stuarda en Londres. Os dous cantantes coincidiron en varias obras.

En 1972 debutou nos Estados Unidos no papel de Pinkerton de Madame Butterfly. En 1973 debutou en Londres e, en 1974, en Viena, interpretando A Traviata. Ós 28 anos, Carreras cantara xa 24 óperas distintas. En 1978 interpretou Don Carlo no Festival de Salzburgo, baixo a dirección de Karajan. En 1984 recibiu a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya. En 1987, cando se atopaba no cume da súa carreira, foille diagnosticada unha leucemia e os médicos déronlle poucas posibilidades de sobrevivir. Tras duros tratamentos que incluíron radioterapia e quimioterapia e un autotransplante de medula, Carreras puido reanuda-la traxectoria artística. En 1988 fundou a Fundación Josep Carreras contra a leucemia, unha organización que apoia economicamente a investigación contra a leucemia e que mantén un banco de doantes de medula ósea.

En 1991, recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes, colectivamente, con Victoria de los Ángeles, Teresa Berganza, Pilar Lorengar, Montserrat Caballé, Alfredo Kraus e Plácido Domingo.[1]

En 1991 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Artes. O 13 de setembro de 2002 inaugurou en Sant Joan d'Alacant unha praza en homenaxe ó labor realizada na loita contra a leucemia. O 22 de setembro de 2006 inaugurou en Fuenlabrada un teatro que leva o seu nome. O 17 de xuño de 2008 celebrou un acto no Teatre del Liceu de Barcelona con motivo dos seus cincuenta anos dende o seu debut no mesmo escenario

  1. Albert, Antonio (18 de outubro de 1991). "Premios Príncipe de Asturias". elpais.com (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

editar


Ligazóns externas

editar