5 de decembro
data
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 5 de decembro é o 339º día do ano do calendario gregoriano e o 340º nos anos bisestos. Quedan 26 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 633 - Transcorre o IV Concilio de Toledo.
- 1082 - Morre asasinado Ramón Berenguer II, conde de Barcelona.
- 1484 - en Roma (Italia), o papa Inocencio VIII publica a súa famosa bula Summis desiderantes affectibus, pola cal ordena á Inquisición perseguir ás bruxas no mundo coñecido.
- 1492 - Colón descobre a illa que os indíxenas chamaban Quisqueya e el denominou A Española.
- 1912 - Prolóngase a Tripla Alianza por seis anos.
- 1914 - O Parlamento italiano aproba a política de neutralidade do país.
- 1918 - Novo Goberno do Conde de Romanones, que se mostra desconforme coa autonomía de Cataluña.
- 1920 - Nun referendo celebrado en Grecia, unha maioría pide o regreso do rei Constantino.
- 1924 - A cidade de Medina, onde se atopa a tumba de Mahoma, é ocupada por Ibn Saud III.
- 1933 - Fin da Lei seca nos Estados Unidos de América, que prohibía a venda e consumo de bebidas alcohólicas e que estivo en vigor durante 13 anos.
- 1936 - Créase a constitución da Unión Soviética.
- 1941 - Gran Bretaña declara a guerra a Finlandia, Hungría e Romanía.
- 1946 - A ONU instálase definitivamente en Nova York.
- 1963 - O Concilio Vaticano Segundo aproba a introdución progresiva das linguas modernas na liturxia por medio da Constitución Sacrosanctum Concilium.
- 1974 - Emítese o derradeiro episodio do Monty Python's Flying Circus na BBC.
- 1987 - O cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.[1]
Nacementos
editar- 1839 - George Armstrong Custer, oficial de cabalaría do Exército dos Estados Unidos (m. 1879).
- 1890 - Fritz Lang, director de cine austríaco (m. 1976).
- 1901 - Walt Disney, produtor de películas de debuxos animados e creador da factoría Disney (m. 1966).
- 1906 - Otto Preminger, director de cine austríaco emigrado aos Estados Unidos (m. 1986).
- 1932 - Little Richard, cantante americano.
- 1938 - J.J. Cale, músico e compositor estadounidense.
- 1939 - Ricardo Bofill, arquitecto e urbanista español.
- 1950 - Camarón de la Isla, cantaor flamenco andaluz (m. 1992).
- 1954 - Laura Sánchez Piñón, bióloga e política galega.
- 1968 - Lisa Marie, actriz e modelo norteamericana.
Mortes
editar- 771 - Carlomán I, rei dos francos da dinastía carolinxia.
- 1624 - Caspar Bauhin, botánico e anatomista suízo (n. 1560).
- 1791 - Wolfgang Amadeus Mozart, compositor austríaco (n. 1756).
- 1870 - Alexandre Dumas, novelista e dramaturgo francés (n. 1802).
- 1879 - Juan Bautista Alonso, avogado e político galego (n. 1801).
- 1919 - Xosé Fontenla Leal, intelectual galeguista (n. 1864).
- 1926 - Claude Monet, pintor impresionista francés (n. 1840).
- 1936 - Vicente Sáez Ruiz, mestre e político español (n. 1904).
- 1939 - Santiago Iglesias, político e sindicalista galego (n. 1872).
- 1979 - Sonia Delaunay, pintora ucraína de orixe xudía casa co pintor francés Robert Delaunay (n. 1885).
- 1983 - Robert Aldrich, cineasta estadounidense.
- 1987 - Ramiro Isla Couto, empresario galeguista (n. 1896).
- 2007 - Karlheinz Stockhausen, compositor alemán (n. 1928).
- 2010 - Marcos Valcárcel, historiador, xornalista e escritor galego (n. 1958).
- 2012 - Oscar Niemeyer, arquitecto brasileiro (n. 1907).
- 2013 - Nelson Mandela, presidente de Suráfrica (n. 1918).
Festas e celebracións
editar- Día Internacional do Voluntariado (en orixe, Día Internacional dos Voluntarios para o Desenvolvemento Económico e Social)
- Día Mundial do Chan, celebrado para destacar o valor deste recurso[2].
Outros
editar- Santoral: Santa Elisa
Notas
editar- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (06/12/1987). El País, ed. "23 personas fallecidas tras incendiarse un barco panameño frente a las costas gallegas" (en castelán). A Coruña. Consultado o 5 de marzo de 2017.
- ↑ "Cuidado del suelo y desarrollo sostenible", en La Voz de Galicia, 4.12.2019.