Abrir o menú principal

Sonia Delaunay, nada o 14 de novembro de 1885 e finada o 5 de decembro de 1979, foi unha pintora ucraína, nada en Odessa, Ucraína, como Sonia Terk no seo dunha familia xudía asquenací.

Sonia Delaunay
Sonia Delaunay portrait photograph.jpg
Nacemento14 de novembro de 1885
 Odessa
Falecemento5 de decembro de 1979
 París
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpintora, deseñadora e deseñador de moda
CónxuxeRobert Delaunay e Wilhelm Uhde
FillosCharles Delaunay
Premioscabaleiro da orde das Artes e as Letras e oficial da Lexión de Honor
editar datos en Wikidata ]
Placa posta onde viviron Sonia e Robert Delaunay.

TraxectoriaEditar

En 1890 Delaunay mudouse a San Petersburgo para vivir co seu tío. Entre os anos 1904–1905 Sonia fixo varios cursos de pintura en Karlsruhe Alemaña. No ano 1906 Sonia Terk mudouse a París. En 1910 casou co artista francés Robert Delaunay, co cal fundou o movemento de Orfismo en (1911), caracterizado polo uso de cores fortes e formas xeométricas. En 1914 participou en Prismes Electrique no Salon des Independants xunto con Alexander Archipenko, Kasimir Malevitch, Vadym Meller, Aleksandra Ekster entre outros. Nese mesmo ano mudouse a Madrid. Entre os anos 1915–1916 viaxou xunto co seu marido a Portugal. Pintou acuarelas e desenvolveu as súas cerámicas. En 1920 Sonia Terk volveu a París. En 1924 montou o seu estudo de deseño de roupa xunto con Jacques Heim. Ó ano seguinte participou na Exposition Interationale des Arts Decoratifs et Industriels Modernes en París xunto con Nathan Altman, A. Ekster, V.Meller, A.Petritsky, e David Shterenberg. Os seus traballos consistían en pinturas, deseño téxtil e de vestiario. Foi a primeira muller viva que tivo unha exposición introspetiva no Louvre en 1964, e en 1975 foi nomeada oficial da Lexión Francesa do Honor. Sonia Delaunay-Terk morreu en 1979 na cidade de París.

Traballou no deseño moderno incluíndo os conceptos de deseño abstracto, integración dos mobles, fábricas, cubertas de murais e roupa.

Era amiga do poeta Blaise Cendrars, e creou innovando unha vez máis, un mural de cunha representación da obra do poeta.

A súa contribución artística máis importante foi o deseño "simultáneo" design. Isto inclue o concepto do Orfismo. Foi a inventora do punto polca, xunto co uso de zig-zags e outros deseños innovadores en fábricas, vestiario, e mobles.