Robert Delaunay
Robert Delaunay, nado en París o 12 de abril de 1885 e finado en Montpellier o 25 de outubro de 1941, foi un pintor francés que utilizou o cubismo e a abstracción nos seus traballos.
Robert Delaunay | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de abril de 1885 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 25 de outubro de 1941 |
Lugar de falecemento | Montpellier |
Causa | cancro |
Soterrado | Gambais |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Lycée Michelet, Vanves |
Ocupación | pintor, deseñador, deseñador de teatro e artista visual |
Cónxuxe | Sonia Delaunay |
Fillos | Charles Delaunay |
Coñecido por | Simultaneous Disc e Eiffel Tower with Trees |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nos seus comezos Delaunay concentrouse no impresionismo, mentres que máis adiante as súas obras foron evolucionando cara ó abstracto, reminiscencia de Paul Klee.
Cando era un neno, os pais de Delauney divorciáronse e foi criado polo seu tío, en La Ronchère (preto de Bourges). Comezou a pintar dende moi pequeno: no ano 1903 xa producía as súas obras de arte impresionista.
En 1908, despois do servizo militar, coñeceu a Sonia Delaunay, coa que máis tarde casou aínda que nesa época estaba casada cun alemán.
En 1909, Delaunay comezou a pintar unha serie sobre a cidade de París e a Torre Eiffel. Ó ano seguinte casou con Terk e instaláronse nun estudio na cidade de París, onde máis tarde tiveron un fillo.
Como invitación de Wassily Kandinsky, Delaunay uniuse en 1911 ó Der Blaue Reiter, un grupo de arte abstracta situado na cidade de Muníc, e os seus traballos evolucionaron cara o abstracto.
O estoupido da primeira guerra mundial colleu a Delaunay e a súa dona de vacacións en España, o que fixo que, xunto cuns amigos, instaláranse en Portugal durante a guerra. Neste período, a parella fixo varios traballos como os deseños dos traxes da Ópera de Madrid, e Sonia Delaunay comezou o seu negocio de deseño.
Despois da guerra, en 1921, volveron a París. Delaunay continuou traballando no seu estilo abstracto. Durante a Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (1937), en París, Delaunay participou no deseño das liñas do tren e dos pavillóns do aire.
Cando estourou a segunda guerra mundial, a familia Delaunay mudouse á Auverña, intentando evita-las invasións das tropas alemás. Sufrindo de cancro, a saúde de Delaunay deteriorouse morrendo o 25 de outubro de 1941, en Montpellier.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Delaunay |