Paul Klee

pintor alemán

Paul Klee, nado en Müchenbuchsee o 18 de decembro de 1879 e finado en Muralto o 29 de xuño de 1940, foi un pintor suízo cun estilo entre o surrealismo, o expresionismo e a abstracción.

Modelo:BiografíaPaul Klee

(1911) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1879 Editar o valor en Wikidata
Münchenbuchsee, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xuño de 1940 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Muralto, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da morteescleroderma (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSchosshalden cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónState University of Music and Performing Arts Stuttgart (en) Traducir
Academia de Belas Artes de Múnic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Múnic
Düsseldorf
París
Weimar
Berna
Dessau Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, deseñador, gravador, debuxante arquitectónico, litógrafo, artista visual, artista gráfico, profesor universitario, debuxante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1899 Editar o valor en Wikidata - 1940 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKunstakademie Düsseldorf (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte abstracta e Abstracción xeométrica Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo, Surrealismo, Puntillismo, Bauhaus e Color Field (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosHarald W. Lauesen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de xuño de 2007documenta 12 (en) Traducir
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeLily Klee Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Клее Пауль)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX838488 Musicbrainz: 4a09a48e-e7aa-4322-b59a-bcea29b7e140 Discogs: 2244462 WikiTree: Klee-223 Find a Grave: 20801 Editar o valor en Wikidata
Centro Paul Klee de Berna, obra do arquitecto Renzo Piano

Traxectoria

editar

Klee naceu en Münchenbuchsee, preto de Berna, Suíza, nunha familia de músicos. O seu pai, Hans Klee, era profesor de música no Seminario Estatal de Berna e súa nai, Ida Frick, estudara para cantante, polo que recibiu unha selecta formación musical, destacando como violinista[1]. Estudou arte en Múnic con Heinrich Knirr e Franz von Stuck. Ao regreso dunha viaxe a Italia asentouse en Múnic, onde coñeceu a Wassily Kandinsky e Franz Marc.

En 1911 Wassily Kandinsky e Franz Marc fundaron en Múnic un grupo de artistas vinculado ao expresionismo co nome de Der Blaue Reiter. Paul Klee non era oficialmente membro desta asociación, pero sentíase moi unido ao círculo de artistas que a integraban e participou nas súas exposicións. En 1913 Klee traduciu "Das Licht" (La Lumière) de Delaunay para a galería Der Sturm de Herwarth Walden, en Berlín.

En 1914 visitou Tunisia e quedou impresionado coa calidade da luz, polo que escribiu no seu diario:

A cor posúeme, non teño necesidade de perseguila, sei que me posúe para sempre... a cor e eu somos unha soa cousa. Son pintor.

Klee traballaba en óleo, acuarela, tinta e outros materiais, xeralmente combinándoos nun só traballo. Os seus cadros frecuentemente aluden á poesía, á música e aos soños, e ás veces inclúen palabras ou notas musicais.

Despois da primeira guerra mundial, Klee ensinou na Bauhaus e, a partir de 1931, na Academia Düsseldorf, antes de ser denunciado polos nazis por producir "arte dexenerada".

En 1933 deixou o ensino e regresou a Berna, onde realizou unha grande exposición na Kunsthalle (1935). Ao presentarse os primeiros síntomas dunha grave enfermidade, diminuíu o seu traballo. En 1940 internárono nunha clínica de Muralto-Locarno, onde faleceu o 29 de xuño.

Paul Klee tamén escribiu textos sobre teoría da arte que foron publicados cando aínda estaba en vida e que se seguen publicando en varias linguas. O máis coñecido é Pâdâgogisches Skizzenbuch, Munich, Lagen, 1925.

Algunhas obras

editar
  1. Susanna Partsch Paul Klee, 1879-1940. Taschen, 2000, páxina 16.

Véxase tamén

editar