Franz Marc
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Franz Marc, nado en Múnic o 8 de febreiro de 1880 e finado na batalla de Verdun o 4 de marzo de 1916, foi un pintor alemán, un dos máis destacados do movemento do Expresionismo.
Traxectoria
editarEn 1900 comezou a estudar na Academia de Belas Artes da súa cidade natal. Entre 1903 e 1907 instalouse en París, onde naceu a súa admiración polo pintor Vincent van Gogh. Alí desenvolveu unha grande amizade co tamén pintor August Macke en 1910. En 1911 formou o círculo de artistas chamado Der Blaue Reiter xunto con Macke, Wassily Kandinsky e outros artistas que decidiran rachar co movemento do Neue Künstlervereinigung.
Expuxo os seus primeiros traballos na primeira exposición do Der Blaue Reiter na Galería Thannhauser en Múnic entre decembro de 1911 e xaneiro do 1912. A exposición tamén percorreu as cidades de Berlín, Colonia, Hagen, e Frankfurt. En 1912, Marc coñeceu a Robert Delaunay, o que sería a súa segunda grande influencia, polo seu uso da cor e por ser o creador do Futurismo.
O seu nome está na lista dos artistas que tiveran que combater na primeira guerra mundial. Franz Marc morreu na Batalla de Verdun mentres montaba a cabalo en 1916.
Estilo e legado
editarA maior parte das obras de Marc está relacionada co mundo da natureza. O seu traballo caracterizouse polo uso de cores rechamantes e do cubismo nos seus cadros de animais.
A obra máis coñecida de Marc é Tierschicksale (tamén coñecida como Animal Destinies ou Fate of the Animals), completada en 1913. Atópase na Basel Kunstmuseum en Basilea.
En outubro de 1998, moitas das obras de Marc chegaron a prezos marca na poxa de arte Christie's na cidade de Londres , entre as que se atopaba o seu Rote Rehe I (Cervo vermello I), vendida por 3,30 millóns de libras. Ó ano seguinte esta cifra foi superada por Der Wasserfall (A fervenza) que foi vendida na Sotheby's de Londres, por 5 millóns de libras.
Galería de imaxes
editar-
Elefante (1907)
-
Die großen blauen Pferde (1911)
-
Nena cun gato II (1912)
-
Debaixo da choiva (1912)
-
Composition III (1914)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Franz Marc |