Síntoma
alteración da percepción normal que unha persoa ten do seu propio corpo
Na literatura médica, síntoma é calquera alteración da percepción normal que unha persoa ten do seu propio corpo, do seu metabolismo, das súas sensacións, podendo ou non ser reflexo dun indicio de doenza.
Síntoma | |
---|---|
Subclase de | condición fisiolóxica e síntoma ![]() |
Uso | medida do risco ![]() |
Estudado por | semioloxía médica ![]() |
Aspecto de | risco á saúde ![]() |
Semellante a | sinal clínica e síntoma ![]() |
Non confundir con | |
Non confundir con
| |
Caracterizado por | |
Caracterizado por
| |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |
Os síntomas son frecuentemente confundidos cos sinais ou signos, que son as alteracións percibidas ou medidas por outra persoa, xeralmente un profesional da saúde. A diferenza entre síntoma (por exemplo dor de cabeza) e sinal ou signo (por exemplo febre), é que o sinal é aquilo que pode ser percibido por outra persoa sen o relato ou comunicación do paciente e o síntoma é a queixa relatada polo paciente e que só el consegue percibir.
Caracterización dos síntomas
editar- Cronoloxía: é a identificación dos aspectos relacionados co tempo e xeito de evolución dos síntomas como a hora do día, o día do ciclo menstrual etc;
- Localización corporal: non só consiste en determinar o sitio exacto dos síntomas senón tamén a súa irradiación (cara onde se dirixe) e profundidade. Haberase de ter en mente que as persoas nomean as partes do seu corpo de xeito diferente, conforme o seu propio coñecemento.
- Cualidade: é un dos aspectos máis difíciles de determinar e moitas veces hai que botar man de comparacións totalmente subxectivas e cunha alta variación individual en canto ás súas percepcións (por exemplo, a sensación de frío ou calor é totalmente diferente nunhas persoas e noutras).
- Cantidade: é a descrición da intensidade, frecuencia, número de veces en que o fenómeno aconteceu, intervalo entre os episodios, volumes de secrecións, edemas etc.
- Circunstancias: nas que o síntoma ou síntomas ocorren, e a actividade que se exerce no momento que aparece, exposición a factores ambientais, alimentación.
- Factores agravantes ou atenuantes: que fan empeorar ou mellorar o síntoma, son importantes para o diagnóstico da doenza, polo que constitúen unha parte vital do síntoma.
- As manifestacións asociadas tamén poden axudar.
Exemplos de síntomas
editar- Sede
- Mareo
- Dor
- Urxencia miccional
- Inapetencia (perda de apetito)
- Alteracións do padal
- Astenia (debilidade)
- Vertixe
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- López, M., Laurentis, J.M.; Semiologia Médica, livraria Atheneu, Livraria Interminas, 1988.
- Surós, J.Semiologia Médica e Técnica Exploratória, Guanabara koogan, 1981.