Sonia Delaunay

pintora francesa
(Redirección desde «Sonia Terk»)

Sonia Delaunay, nada en Odesa (Ucraína) o 14 de novembro de 1885 e finada en París o 5 de decembro de 1979, foi unha pintora ucraína, como Sonia Terk no seo dunha familia xudía asquenací.

Infotaula de personaSonia Delaunay
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1885 Editar o valor em Wikidata
Hradyzk, Ucraína (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Desaparición
Morte5 de decembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGambais Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesStern, Sara Elievna
Uhde, Mrs. Wilhelm
Terk, Sonia
Delaunay, Mrs. Robert Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUcraína Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
Portugal
Karlsruhe
Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , draftswoman (en) Traducir , tapestry designer (en) Traducir , debuxante , artista , gravadora , deseñador de moda , artista gráfica , deseñadora , encadernadora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte de paisaxes, Arte abstracta e Natureza morta Editar o valor em Wikidata
MovementoCubismo órfico e simultanism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeWilhelm Uhde (1908–1910)
Robert Delaunay Editar o valor em Wikidata
FillosCharles Delaunay Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0216547 Discogs: 1871510 WikiTree: Stern-1130 Editar o valor em Wikidata
Placa posta onde viviron Sonia e Robert Delaunay.

Traxectoria editar

En 1890 Delaunay mudouse a San Petersburgo para vivir co seu tío. Entre os anos 1904 e 1905 Sonia fixo varios cursos de pintura en Karlsruhe Alemaña. No ano 1906 Sonia Terk mudouse a París. En 1910 casou co artista francés Robert Delaunay, co cal fundou o movemento de Orfismo en 1912, caracterizado polo uso de cores fortes e formas xeométricas. En 1914 participou con Prismes Electrique no Salon des Independants, xunto con Alexander Archipenko, Kasimir Malevitch, Vadym Meller, Aleksandra Ekster entre outros. Nese mesmo ano mudouse a Madrid. Entre os anos 1915 e 1916 viaxou xunto co seu marido a Portugal. Pintou acuarelas e desenvolveu as súas cerámicas. En 1920 Sonia Terk volveu a París. En 1924 montou o seu estudo de deseño de roupa xunto con Jacques Heim. Ó ano seguinte participou na Exposition Interationale des Arts Decoratifs et Industriels Modernes en París xunto con Nathan Altman, A. Ekster, V. Meller, A. Petritsky e David Shterenberg. Os seus traballos consistían en pinturas, deseño téxtil e de vestiario. Foi a primeira muller viva que tivo unha exposición introspetiva no Louvre en 1964, e en 1975 foi nomeada oficial da Lexión Francesa do Honor. Sonia Delaunay-Terk morreu en 1979 na cidade de París.

Traballou no deseño moderno incluíndo os conceptos de deseño abstracto, integración dos mobles, fábricas, murais e roupa.

Era amiga do poeta Blaise Cendrars e creou, innovando unha vez máis, un mural cunha representación da obra do poeta.

A súa contribución artística máis importante foi o deseño "simultáneo". Isto inclúe o concepto do Orfismo. Foi a inventora do punto polca, xunto co uso de zig-zags e outros deseños innovadores en fábricas, vestiario e mobles.