Monty Python (ás veces coñecidos como os Pythons)[1][2] foi un grupo británico de seis humoristas que sintetizou en clave de humor a idiosincrasia británica das décadas dos sesenta e setenta, composta por Graham Chapman, John Cleese, Terry Gilliam, Eric Idle, Terry Jones e Michael Palin. Do grupo unicamente Terry Gilliam non era británico senón estadounidense.

De esquerda a dereita: Palin, Gilliam, Jones, Idle e Cleese en 2014

Historia

editar

Michael Palin e Terry Jones coñecéronse na Universidade de Oxford, onde ambos actuaban no grupo de teatro estudantil The Oxford Revue. John Cleese e Graham Chapman coñecéronse na Universidade de Cambridge. Eric Idle tamén estaba en Cambridge mais comezou un ano despois. Cleese coñeceu a Terry Gilliam en Nova York mentres estaban de xira co seu grupo de teatro estudantil, Cambridge University Footlights. Chapman, Cleese e Idle eran membros de Footlights, que nese tempo incluía tamén a Tim Brooke-Taylor, Bill Oddie e Graeme Garden (que máis tarde formaron o grupo The Goodies), e o actor e director Jonathan Lynn, coguionista da serie Yes Minister e da súa secuela Yes, Prime Minister. Mentres Idle era o presidente dos Footlights tamén foron membro a escritora feminista Germaine Greer e o xornalista Clive James. Consérvanse aínda gravacións dalgunhas actuacións deste grupo de teatro no Pembroke College de Cambridge.

O éxito de Do Not Adjust Your Set fixo que a ITV ofrecese a Palin, Jones, Idle e Gilliam o seu propio programa xuntos. Ao mesmo tempo a Cleese e Chapman a BBC, impresionada polo seu traballo en The Frost Report e en At Last The 1948 Show ofreceulles un programa propio. Cleese era reticente a un dúo cómico por varias razóns, incluíndo a suposta personalidade difícil de Chapman. Cleese tiña boas lembranzas do seu traballo con Palin e convidouno a unirse ao equipo. Coa serie da ITV aínda en preprodución, Palin aceptou e suxeriu que se unisen ao grupo Idle e Jones, que propuxeron que Gilliam se encargase de achegar animacións á serie. O grupo Monty Python foi en boa parte resultado da arela de Cleese de traballar con Palin e das circunstancias que engadiron os outros catro membros ao grupo.[3]

Lograron a fama grazas ao seu programa de televisión Monty Python's Flying Circus, estreado o 5 de outubro de 1969 na BBC e formada por 45 episodios repartidos en catro temporadas. O fenómeno Python desenvolveuse alén do programa de televisión adquirindo un grande impacto: obras de teatros, filmes, discos, libros, un musical e mesmo linguaxes de programación.[4] A influencia do grupo na comedia comparouse coa dos Beatles na música[5][6]

Emitido entre 1969 e 1974, Flying Circus foi creado, escrito e interpretado polos seis membros do grupo. Estaba estruturado como un programa de sketches, mais cunha técnica narrativa innovadora (axudada polas animacións de Gilliam) que ía máis aló do "aceptable" en estilo e contido.[7][8] Ao seren os responsables tanto dos guións e da interpretación, os Python tiña un control creativo que lles permitía experimentar formas e contidos, desfacéndose das regras da comedia televisiva. A influencia do grupo na comedia británica foi notoria durante anos, e en Norteamérica influíron desde os intérpretes das primeiras edicións de Saturday Night Live ata tendencias posteriores no humor absurdo na comedia televisiva. A palabra "Pythonesque" entrou no vocabulario inglés como sinónimo de "absurdo" ou "surrealista".

Nunha enquisa realizada en 2005 no Reino Unido para descubrir o Cómico de cómicos, tres dos seis membros de Monty Python foron votados por outros cómicos e afeccionados como tres dos 50 maiores cómicos da historia: Cleese no posto 2, Idle no 21, e Palin no 30.[9]

En 2009 o grupo recibiu o premio BAFTA honorífico pola súa contribución ao mundo da comedia. O premio entregáronllo na preestrea do documental dedicado ao finado Graham Chapman, Monty Python: Almost the Truth (Lawyers Cut).[10]

Televisión

editar

Filmes

editar

Discos

editar

Teatro

editar

Libros

editar
  1. Wilmut (1980), p.250.
  2. The Pythons by 'The Pythons' ISBN 0-7528-5293-0
  3. The Pythons Autobiography By The Pythons—Graham Chapman, John Cleese, Terry Gilliam, Eric Idle, Terry Jones, Michael Palin, John Chapman, David Sherlock, Bob McCabe—Thomas Dunne Books; Orion, 2003
  4. 1. Whetting Your Appetite (en inglés)
  5. Leopold, Todd (11 de decembro de 2003). "How Monty Python changed the world" (en inglés). CNN. Consultado o 30 de marzo de 2007. Python has been called "the Beatles of comedy" 
  6. Lewisohn, Mark. "Monty Python's Flying Circus". The bbc.uk.co Guide to Comedy (en inglés). BBC. Consultado o 31 de marzo de 2007. In essence, the Monty Python team are the comedy equivalent of the Beatles. 
  7. 'Holy' Monty Python History Lesson. Entertainment Tonight. Consultado o 24 de abril de 2012
  8. 'Monty Python' Reunion Planned for New Movie. Christian Post. Consultado o 24 de abril de 2012
  9. BBC News, ed. (2 de xaneiro de 2005). "Cook voted 'comedians' comedian'" (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2008. 
  10. Agencia EFE (18 de agosto de 2009). "Premio para los caballeros de humor absurdo" (en castelán). El País. Consultado o 19 de agosto de 2009. 
  11. "Royal Mail musicals stamps set to rock you!". Royal Mail group. Consultado o 27 de abril de 2019. 
  12. "Idle's Messiah is Spamalot sequel". BBC. Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  13. "Global finale for Monty Python show on stage and in cinemas". BBC News. 21 July 2014. Consultado o 20 de agosto de 2019. 
  14. "Monty Python's Flying Circus on World of Spectrum". Worldofspectrum.org. Consultado o 19 de agosto de 2009. 
  15. "Monty Python's Flying Circus – Lemon Amiga". lemonamiga.com. Consultado o 3 de xaneiro de 2015. 
  16. "Toy Vault web site for Python-opoly". Toyvault.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2009. Consultado o 19 de agosto de 2009. 
  17. "Web site for Monty Python Fluxx". Fluxxgames.com. Consultado o 19 de agosto de 2009. 
  18. "The Silly Walk Official Website". The Silly Walk Official Website. Boondoggle Studios. Consultado o 25 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Chapman, Graham (1997). Graham Crackers: Fuzzy Memories, Silly Bits, and Outright Lies, Career Pr Inc. ISBN 1-56414-334-1
  • Landy, Marcia (2005). Monty Python's Flying Circus. Wayne State University Press. ISBN 0-8143-3103-3. 
  • Morgan, David (junio de 1999). Monty Python Speaks, a Spike imprint, Avon Books Inc., Nova York. ISBN 0-380-80479-4
  • Wilmut, Roger (1980). From Fringe to Flying Circus, Eyre Methuen Ltd, Londres. ISBN 0-413-50770-X

Ligazóns externas

editar