Monty Python's The Meaning of Life

Monty Python's The Meaning of Life (en galego, O Senso da Vida) é o cuarto filme do grupo de comedia inglés Monty Python, estreada en 1983. Dirixida por Terry Jones, o seu guión foi escrito polos seis Monty Python: Terry Jones, Terry Gilliam, Eric Idle, John Cleese, Michael Palin e Graham Chapman. Con cancións de Eric Idle, o filme foi un éxito.

O Senso da Vida
Ficha técnica
Título orixinalMonty Python's The Meaning of Life
DirectorTerry Jones
ProdutorJohn Goldstone
GuiónGraham Chapman
John Cleese
Terry Gilliam
Eric Idle
Terry Jones
Michael Palin
IntérpretesGraham Chapman
John Cleese
Terry Gilliam
Eric Idle
Terry Jones
Michael Palin
MúsicaJohn Du Prez
FotografíaPeter Hannan
MontaxeJulián Doyle
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1983
Duración103 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroComedia
Orzamento$9,000,000
Filme anteriorMonty Python Live at the Hollywood Bowl
Na rede
IMDB: tt0085959 Filmaffinity: 746294 Allocine: 1957 Rottentomatoes: m/monty_pythons_the_meaning_of_life Mojo: montypythonsmeaningoflife Allmovie: v33235 TCM: 83923 TV.com: movies/monty-pythons-the-meaning-of-life
Facebook: MPsTheMeaningOfLife Netlix: 60029676Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

A cinta, que mostra o humor dos Python, xa un selo de marca, é unha serie de sketches que pretenden, dun xeito satírico, mostrar as diferentes etapas da vida e chegar á conclusión sobre o senso da mesma. O nacemento, a educación, a continxencia, a idade madura, a enfermidade e a morte son temas que se tratan de maneira irreverente polos Python, nun ton de comedia musical surrealista. Os Monty Python prometeron que ían ofender a todo o mundo e cumprírono: políticos, patriotas, burgueses e obreiros, católicos e protestantes, crentes e ateos, ou, o que é o mesmo, a anarquía levada ó humor.

Terry Gilliam aporta a súa excéntrica imaxinería visual na curtametraxe que precede ó filme, inspirado nunha historieta do francés Philippe Cazaumayou de 1977. Este interromperá logo sen previo aviso á metade do filme, toque clásico de Gilliam.

O filme mostra outros dos máis logrados sketches dos Python, como o do xeneral inglés que perde unha perna ou o dos trasplantes de órganos, ademais de números musicais como "Every Sperm Is Sacred" (Todo esperma é sagrado) e "The Penis Song" (A canción do pene).

Repercusións editar

A pesar do indubidábel éxito comercial e de crítica, "O Senso da Vida" marcou o final dos Monty Python. O grupo debateu a posibilidade de reformar o guión engadindo un personaxe central ó que seguir durante toda a rodaxe, idea rexeitada por John Cleese que estaba canso do proxecto. O único personaxe común en tódolos filmes do grupo británico é Deus, tema que lles valeu moitas acusacións de blasfemia.

Posteriormente Cleese manifestou o seu desagrado respecto ó resultado final, feito que puido precipitar a disolución do grupo, teoría apoiada polos comentarios de Cleese no documental "Que senso tivo rodar O Senso da Vida", que aparece entre os extras da edición especial do DVD.

Despois do filme cada un procurou o seu camiño, algúns viviron á sombra do seu antigo éxito mentres que outros fixéronse aínda máis populares.

Premios e nomeamentos editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar