Amiga

familia de ordenadores persoais

Amiga é unha familia de ordenadores persoais introducida por Commodore en 1985. O modelo orixinal é un dos moitos ordenadores con procesadores de 16 ou 32 bits, 256 KB ou máis de RAM, GUI baseadas en ratos, gráficos e son significativamente mellorados en comparación cos sistemas anteriores de 8 bits. Isto inclúe o Atari ST, lanzado a principios do mesmo ano, así como o Macintosh e Acorn Archimedes. Baseado no microprocesador Motorola 68000, o Amiga diferénciase dos seus contemporáneos pola inclusión de hardware personalizado para acelerar os gráficos e o son, incluíndo sprites e un blitter, e un sistema operativo multitarefa preventivo chamado AmigaOS.

Logo de Amiga de 1985.
Amiga 500

O Amiga 1000 foi lanzado en xullo de 1985, pero os problemas de produción impediron que estivese amplamente dispoñible ata principios de 1986. O modelo máis vendido, o Amiga 500 presentouse en 1987 (xunto co Amiga 2000, máis ampliabl). O Amiga 3000 presentouse en 1990, seguido do Amiga 500 Plus e o Amiga 600 en marzo de 1992. Finalmente, o Amiga 1200 e o Amiga 4000 lanzáronse a finais de 1992. A liña Amiga vendeu uns 4,85 millóns de unidades entre finais dos 80 e principios dos 90.[1]

Aínda que os primeiros anuncios presentaban o ordenador como unha máquina empresarial multiúsos, especialmente cando estaba equipado co complemento de compatibilidade Sidecar IBM PC, o Amiga tivo o maior éxito comercial como ordenador doméstico, cunha ampla gama de xogos e software creativo.[2]

Historia editar

 
Amiga 1000

O nome en código do que sería o primeiro Amiga 1000 foi «Lorraine»,[3] cun microprocesador Motorola MC68000 a 7.14 MHz, 768Kb de memoria RAM (ampliables a un máximo de 8 Mb) e 256Kb ROM. Unha vez cargado o Kickstar quedaban nuns 256Kb de RAM.

Producido a grande escala por Commodore International como o sucesor de Commodore 64, o primeiro computador Amiga foi o Amiga 1000 (ó A1000), que foi lanzado no ano 1985. O A500 (gama baixa) e A2000 (gama alta) seguíronlle en 1987. O A500 foi o computador Amiga máis popular neses tempos.

A finais da década de 1980 e comezos da década de 1990, a comunidade de usuarios de Amiga contribuíu á subcultura informática coñecida como Demoscene.[4] A Demo Scene vén ser un fenómeno herdado dos tempos do Commodore 64.

Hardware editar

 
Amiga 1200

A idea básica coa que foi deseñado o Amiga foi a de facer que cada tarefa (son, gráficos, periféricos etc.) estivese descentralizada, tendo un chip específico para cada unha, cun procesador central, o Motorola 68000, que coordinase a todos estes chips dedicados deseñados especialmente (custom chips, en inglés).

Distinguimos tres familias de computadores Amiga agrupándoos segundo o seu conxunto de chips (chipset):

  • OCS: Orixinal Chip Set (chipset antigo);
  • ECS: Enhaced Chip Set (chipset mellorado);
  • AGA: Advanced Graphic Architecture (arquitectura gráfica avanzada).

Cando apareceu, estaba moitos anos por diante dos demais sistemas, usando ideas como compartición de IRQs, entrada/saída mapeada en memoria, multitarefa real preferente etc. Aínda que algunhas destas técnicas foran inventadas anteriormente, aínda non foran realmente utilizadas na práctica nin nunha computadora popular.

Modelos e variantes editar

Modelos de Amiga comercializados editar

Chipset Orixinal (OCS)
Modelo Período CPU RAM (base) Versión XO Información adicional
Amiga 1000 1985-1987 68000 256 KB 1.0 - 1.2 Posteriormente os A1000 vendéronse con 512KB de memoria
Amiga 500 1987?1990 68000 512 KB 1.2 - 1.3 Primeiro Amiga de «gama-baixa»
Amiga 2000 1987-1992 68000 1 MB 1.2 - 1.3 Primeiro Amiga de sobremesa con slots de expansión
Amiga 2000HD 1988-1992 68000 1 MB 1.3 A2000 con disco duro de 40 MB
Amiga 2500 1989-1990 680x0 3 MB 1.3 Incluíndo os modelos A2500/020 ó A2500/030
Amiga 2500UX 1988-1991 680x0 3 MB 1.3 A versión UX usaba UNIX cunha CPU 68020 ó 030
Amiga CDTV 1991?1992 68000 1 MB 1.3 Primeiro computador con CD-ROM incluído
Chipset Mellorado (ECS)
Modelo Período CPU RAM (base) Versión XO Información adicional
Amiga 3000 1990-1992 68030 5/6 MB 1.4 - 2.04 Primeiro sistema ECS e Amiga VOS 2.0
Amiga 3000T 1990-1992 68030 5/6 MB 2.04 Primeiro Amiga en torre
Amiga 3000UX 199?-199? 68030 5 MB 2.04 Amiga 3000 baseado en UNIX
Amiga 2000 rev. C 1991-1993 68000 1 MB 2.04 Amiga 2000 revisión C actualizado con ECS e VOS 2.04
Amiga 1500 199?-1993 68000 1 MB 2.04 Designación do A2000 que se comercializou no Reino Unido. 2x FDD
Amiga 500 1991-1992 68000 1 MB 2.04
Amiga 600 1992 68000 1 MB 2.05 - 2.1
Arquitectura Gráfica Avanzada (AGA)
Modelo Período CPU RAM (base) Versión XO Información adicional
Amiga 1200 1992?1994 68EC020 2 MB 3.0 A1200HD dispoñibles con discos duros de entre 2085MB
Amiga 4000 1992?1994 680x0 6 MB 3.0 Dispoñible con CPU 68030 ó 68040, discos duros de entre 120200MB
Amiga 4000T 1993?1994 68040 6 MB 3.1 Versión torre do A4000, houbo un A4000T/060 fabricado por ESCOM e con RAM expansible ata 512MB
Amiga CD32 1993?1994 68EC020 2 MB 3.1 Primeira videoconsola da historia con CD e 32 bits.

Como en determinadas aplicacións (renderizados, grandes iteraciones etc.) a potencia de cálculo quedaba curta, apareceron placas capaces de substituír o procesador orixinal do Amiga por outro máis potente. É o que chamamos cartóns aceleradores. Xurdiron unha gran variedade de fabricantes e modelos abarcando basicamente toda a familia do MC68000 (desde o 68010 ata o 68060, así como os modelos de microprocesadores PowerPC 603 e 604).

Sistema Operativo editar

O sistema operativo, AmigaOS, é sofisticado, combinando un GUI como o Macintosh coa flexibilidade de Unix.

Polo menos os seguintes sistemas operativos están dispoñibles para Amiga ademais do AmigaOS:

  • UnixOS: Distribuído cos A2000UX e A3000UX
  • AMIX: Viña nunha cinta de streamer e era distribuído cos modelos *UX de Amiga.
  • Mach
  • Linux
    • Linux m68k: Para os procesadores da familia 680x0. Cabe sinalar que foi a primeira implementación non-x86 de Linux.
    • Linux PPC: Existen varios proxectos, o máis famoso é APUS (que proporciona un kernel nativo PPC para Amiga PowerUP)
  • NetBSD
  • OpenBSD
  • pOS: Sistema comercial creado por Pios para substituír o AmigaOS. Fracasou estrepitosamente.
  • MorphOS: Sistema comercial creado para aproveitar as aceleradoras PPC.

Notas editar

  1. Knight, Gareth. "Commodore-Amiga Sales Figures". Amiga history guide. Arquivado dende o orixinal o 2018-09-27. Consultado o 2019-01-20. 
  2. "Amiga TV Advert (Celebrity)". YouTube. 2007-01-07. Arquivado dende o orixinal o 2012-11-24. Consultado o 2012-08-24. 
  3. Gareth Knight. "Amiga Lorraine". Amiga History Guide. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar