2 de decembro
data
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 2 de decembro é o 336º día do ano do calendario gregoriano e o 337º nos anos bisestos. Quedan 29 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1409: en Alemaña fundase a Universidade de Leipzig.
- 1617 - Inícianse as obras da Praza Maior de Madrid.
- 1804 - Pío VII coroa en París a Napoleón como emperador de Francia.
- 1805 - As tropas francesas de Napoleón derrotan ás aliadas de Austria e Rusia en Austerlitz.
- 1811 - O xeneral republicano José Miguel Carrera disolve o Congreso e proclama a ditadura en Chile.
- 1852 - Grazas a un golpe de estado restáurase a monarquía en Francia, co reinado de Luis Bonaparte.
- 1873 - Guerra de Cuba. As tropas españolas son derrotadas en Palo Seco polas nativas, acaudilladas por Máximo Gómez.
- 1897 - España concede a autonomía a Porto Rico.
- 1901 - King Camp Gillette patenta a primeira máquina de afeitar de follas desbotables.
- 1906 - Sinatura da acta delimitatoria de fronteiras entre España e Portugal.
- 1913 - Inaugúrase en Buenos Aires o servizo de tranvías subterráneos ou "metro", o popular "subte".
- 1915 - Albert Einstein publica a teoría xeral da relatividade.
- 1925 - Cesa nas súas funcións o Directorio Militar da ditadura de Primo de Rivera, substituído por un goberno presidido polo xeneral.
- 1927 - Lev Trotski é expulsado do Partido Comunista da URSS.
- 1931 - Golpe de Estado no Salvador. Maximiliano Hernández derroca e substitúe a Arturo Araujo.
- 1936 - Son fusilados en Pontevedra os republicanos Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, José Crespo Torres, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro, Manuel Dios Costado e Manuel Puente Iglesias.
- 1939 - Comeza a operar o aeroporto de "La Guardia" en Nova York.
- 1946 - Miguel Alemán é investido presidente de México.
- 1954 - O Senado de EEUU destitúe ao senador Joseph McCarthy, principal artífice da "caza de bruxas".
- 1956 - Chega ás costas de Cuba o iate "Granma", con 82 revolucionarios cubanos a bordo dispostos a derrocar ao ditador Fulgencio Batista.
- 1968 - A ONU condena a política de "apartheid" do goberno surafricano.
- 1971 - A sonda Mars 3 é o primeiro vehículo que se pousa en Marte.
- 1971: Seis emiratos do Golfo Pérsico constitúen a Federación dos Emiratos Árabes.
- 1977 - Comeza a publicarse o semanario A Nosa Terra.
- 1982 - Pedro Laín Entralgo é elixido director da Real Academia Española.
- 1982 - Primeira implantación dun corazón artificial permanente, polo doutor De Bries, en Utah (EUA).
- 1982 - Felipe González é investido presidente do Goberno de España.
- 1987 - España e o Reino Unido chegan a un acordo en Londres sobre o uso conxunto do aeroporto de Xibraltar.
- 1990 - Realízanse as primeiras eleccións na Alemaña reunificada.
- 1999 - A UNESCO declara a San Cristóbal de la Laguna Patrimonio Cultural da Humanidade.
Nacementos
editar- 1818 - José Pedro Crisólogo Mármol, escritor arxentino.
- 1825 - Pedro II, emperador do Brasil (m. 1891).
- 1857 - Pablo Pérez Costanti, arquiveiro e escritor galego (m. 1938).
- 1859 - Georges Seurat, pintor francés (m. 1891).
- 1885 - George Richards Minot, médico estadounidense, Premio Nobel de Medicina (m. 1950).
- 1905 - Osvaldo Pugliese, pianista, director e compositor arxentino.
- 1915 - Manuel Celso Garrido, mestre e escritor galego (m. 1960).
- 1923 - Maria Callas, soprano de ópera estadounidense de orixe grega (m. 1977).
- 1925 - Alexander Haig, militar norteamericano (m. 2010).
- 1936 - Xosé Ramón Barreiro, historiador galego.
- 1936 - Manuel Gallego Jorreto, arquitecto galego.
- 1944 - Botho Strauss, dramaturgo alemán.
- 1946 - Gianni Versace, deseñador de moda italiano (m. 1997).
- 1962 - Vlado Buckovski, político e primeiro ministro de Macedonia do Norte (2004-?).
- 1973 - Monica Seles, tenista de orixe iugoslava nacionalizada estadounidense.
- 1973 - Jan Ullrich, Ciclista alemán.
- 1978 - Nelly Furtado, cantante canadense.
- 1981 - Britney Spears, cantante estadounidense.
- 1995 - Ana Peleteiro, atleta galega, especialista en triplo salto.
Mortes
editar- 1515 - Gonzalo Fernández de Córdoba, "El Gran Capitán", militar español.
- 1547 - Hernán Cortés, conquistador de México (n. 1485).
- 1594 - Gerardus Mercator, cartógrafo e xeógrafo (n. 1512).
- 1694 - Pierre Puget, escultor francés (n. 1620).
- 1814 - Donatien Alphonse François de Sade (marqués de Sade), escritor francés (n. 1740).
- 1918 - Edmond Rostand, dramaturgo francés.
- 1923 - Tomás Bretón Hernández, compositor español (n. 1850).
- 1932 - Amadeo Vives, compositor español de zarzuelas (n. 1871).
- 1936 - José Miñones Bernárdez, avogado, empresario e político galego (n. 1900).
- 1936 - Cesáreo López Pinal, farmacéutico, poeta e político galego (n. 1867).
- 1937 - Josep Comas i Solà, astrónomo e divulgador científico catalán (n. 1868).
- 1944 - Filippo Tommaso Marinetti, ideólogo e poeta italiano (n. 1876).
- 1969 - José María Arguedas, novelista, articulista e ensaísta político peruano (n. 1911).
- 1980 - Chaudhry Muhammad Ali, primeiro ministro do Paquistán (n. 1905).
- 1987 - Luis Federico Leloir, bioquímico arxentino, Premio Nobel de Química en 1970 (n. 1906).
- 1990 - Aaron Copland, compositor estadounidense (n. 1900).
- 1993 - Pablo Escobar, narcotraficante colombiano (n. 1949).
- 2015 - Ramón Lugrís Pérez, xornalista e escritor galego (n. 1932).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Santa Aurelia, Santa Bárbara, Santa Bibiana.