Josep Comas i Solà

astrónomo español

Josep Comas i Solà, nado en Barcelona o 19 de decembro de 1868 e finado o 2 de decembro de 1937, foi un astrónomo e divulgador científico catalán, impulsor da astronomía moderna en Cataluña.

Infotaula de personaJosep Comas i Solà

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Comas y Solá Editar o valor em Wikidata
17 de decembro de 1868 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrónomo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorObservatorio Fabra Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Traballos de xuventude editar

De sempre mostrou unha grande predilección polos estudos científicos. Con 15 anos foi estudar un meteorito caído nas proximidades de Tarragona, e publicou o resultado da investigación na revista francesa L'Astronomie. Tamén de mozo realizou algúns traballos sobre unha eclipse de Lúa e da chuvia de meteoros das Andromeidas de novembro de 1885. En 1886 comezou os estudos de física e matemáticas na Universidade de Barcelona, e obtida a licenciatura comezou as súas investigacións astronómicas.

En 1890 comezou a observar Marte cun telescopio Bardou de 108 mm. O resultado foi a confección dun mapa do planeta presentado a Real Academia das Ciencias e Artes de Barcelona. Co mesmo telescopio estudou Xúpiter e o Sol. Comas opúxose á corrente liderada polo astrónomo estadounidense Percival Lowell que defendía a existencia de canais que atravesaban a superficie de Marte.

Carreira científica profesional editar

Rematada a carreira, preparou o doutoramento e traballou coma profesor substituto na Facultade de Ciencias, abandonando en 1897 a carreira na universidade por un posto como astrónomo no Observatorio Catalán de Sant Feliu de Guíxols. Este observatorio foi construído polo industrial e astrónomo afeccionado Rafael Patxot, e nel Comas i Solà atopou unhas instalacións de calidade onde facer observacións interesantes. Comas i Solà traballou no observatorio de 1895 a 1897, facendo tamén unha viaxe de estudos a Italia e a Sicilia dous anos máis tarde, visitando os principais observatorios e os volcáns do monte Vesuvio e do Etna.

Eclipses de Sol de 1900 e 1905 editar

A Real Académia de Ciencias e Artes de Barcelona encargoulle a organización dunha misión en Elx para estudar a eclipse de Sol do 28 de maio de 1900. Vai ser un impulsor da fotografía e do cine aplicados a astronomía. Aproveitando a eclipse de Sol de 1905, xunto cunha misión do Observatorio Fabra desprazouse a Vinaròs (Baixo Maestrazgo) para observar o fenómeno. Comas utilizou un cinematógrafo Gaumont adaptándolle un prisma do espectrógrafo, gravando en cine, por primeira vez, o espectro da cromosfera solar.

Determinou o diámetro de Mercurio observando o seu tránsito por diante do Sol no 1907 e no 1909.

Observación de Xúpiter e Saturno editar

A comezos do século XX, centrou a súa atención no planeta xúpiter, as súas numerosas observacións planetarias permitíronlle descubrir a interacción entre a Banda Temperada Sur (STB) e a Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Observando os seus satélites, conseguiu resolver os seus discos e detectar o seu albedo, detectando o casquete polar de Ganímedes.

Respecto a Saturno, as observacións deste planeta van ser continuas dende finais de 1890 a 1937. Entre os resultados máis importantes están a teoría das variacións luminosas do anel en función da diferenza de acimuts, en relación ao seu plano, do Sol e da Terra; o descubrimento do período de rotación da mancha branca de Barnard (1902) e a rotación diferencial (o ecuador xira máis rápido que o polo) da atmosfera de Saturno (1903).

A atmosfera de Titán editar

En 1908 observou a lúa Titán, demostrando a existencia de atmosfera neste satélite de Saturno. Comas i Solà puido observar unha propiedade das atmosferas planetarias denominada enfosquimento do limbo. A luminosidade difusa e reflectida polo limbo atravesa un camiño máis longo ao traverso da atmosfera, sendo así máis atenuada que a radiación difundida polo resto do disco. O efecto de enfosquimento de Titán, e polo tanto a existencia dunha atmosfera no maior satélite de Saturno, non volveu ser confirmada ata 1944 por Gerard Kuiper, quen o corroborou por medio dun espectroscopio. Estes traballos foron publicados na prestixiosa revista Astronomische Nachrichten no 1908 (179 (4290), p. 289-290)

Comas observa e fotografía con regularidade o retorno do cometa Halley o ano 1910, estudando a súa actividade, os cambios da súa estrutura e as erupcións gasosas. Despois de analizar as direccións e o radiante dos meteoros da chuvia do 9 de outubro de 1915, deduciu que estes procedían do cometa Giacobini-Zinner, dándolle a chuvia o nome de Giacobínidas.

Os asteroides editar

Tamén destacou polos seus estudos dos asteroides, ideando un procedemento fotográfico para recoñecelos. Así descubriu once, o primeiro deles en 1920: 804 Hispania, 925 Alphonsina (adicado a Afonso X o Sabio), 945 Barcelona asteroide peculiar pola grande inclinación do seu plano orbital, 986 Amelia (adicado a súa segunda esposa, Amèlia Sala), 1102 Pepita, 1117 Reginita, 1136 Mercedes, 1188 Gothlandia, 1626 Sadeya, 1655 Comas Solá e 1708 Polit.

Tamén desenvolveu un novo método para calcular as órbitas destes astros. Puido achegar os elementos orbitais (que determinan con exactitude a órbita do asteroide) para 8 deles. Os outros 3 non puderon ser redescobertos ata máis tarde: 1927AA foi observado en 1960 polo observatorio de Cincinnati, que o nomeou posteriormente Sadeya, quedando dous sen nome (A1929SHA e 1929WG) ao morrer Comas sen que se puideran reatopar.

Comas reatopou 193 Ambrosia (do que non se tiña noticia dende o seu descubrimento, 37 anos antes) e 629 Sernardina e achegou mediadas que permitiron determinar con exactitude as órbitas doutros asteroides.

Cometa periódico 32P/Comas Solá editar

Fixo tamén estudos de cometas, descubrindo en 1925 case simultaneamente xunto co astrónomo Schain, o nomeado Schain-Comas Solá (C/1925 F), de órbita hiperbólica, que pasa polo perihelio o 6 de setembro de 1925.

O 4 de novembro de 1926 Comas atopou un cometa periódico cunha órbita elíptica que se achega a Terra cada 8,83 anos. Nomeado inicialmente 1927f, recibiu o nome do seu descubridor unha vez confirmada a súa órbita: 32P/Comas Solá.

Astrometría e estrelas variables e duplas editar

Na súa vertente fotográfica, Comas elaborou un atlas de 43 fotografías de grande angular co título Atlas Fotográfico de la Zona Eclíptica, considerado o primeiro atlas fotográfico desta zona do ceo; tamén practica a fotografía estereoscópica desenvolvendo técnicas que lle permiten obter medidas astrométricas de gran precisión e descubrir estrelas variables, destacando unha variable cefeida na constelación de Libra (TV Librae) e outra en Orión. Fixo medidas micrométricas dunhas 200 estrelas duplas.

No campo da sismoloxía elaborou unha estadística sismolóxica completa, resultado das súas observacions efectuadas no Observatorio Fabra e nunha estación sismolóxica propia desde 1913, así coma unha porción de estudos e traballos, destacando o Cálculo de la profundidad hipocentral de los terremotos, procedemento ideado por el para determinar a profundidade servíndose simplemente dos datos dun único sismograma e eliminando así as inevitables discrepancias horarias.

Libros editar

  • Astronomía y Ciencia General (1907)
  • El cielo. Novísima astronomía ilustrada (1929, Casa Editorial Seguí). Serviu durante moitos anos como referencia permanente para os afeccionados.
  • Astronomía (1952, Editorial Labor, S.A., ISBN 84-335-5201-5)
  • Astronomía (1970, Editorial Ramón Sopena, S.A., ISBN 84-303-0169-0)
  • Astronomía, tom 1 (Espasa-Calpe, S.A., ISBN 84-239-6722-0)
  • Astronomía, tom 2 (Espasa-Calpe, S.A., ISBN 84-239-6723-9)
  • El espiritismo ante la ciencia: estudio crítico sobre la mediumnidad (1986, Alta Fulla Editorial, ISBN 84-86556-10-4)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Josep Comas i Solà, astrònom i divulgador (Ajuntament de Barcelona, 2004, ISBN 84-7609-432-9).
  • A. Roca Rosell: "J. Comas i Solà, astrónomo de posición. La irrupción de la ciencia en la vida pública catalana". Mundo Científico 6, núm. 56, pàg. 290-303.

Ligazóns externas editar