Abrir o menú principal

José Prol Figueiro

sindicalista galego

José Prol Figueiro, nado no Grove e finado en Pontevedra o 2 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.

José Prol Figueiro
 O Grove
Falecemento2 de decembro de 1936
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Participou nos sucesos do Arsenal de Cartaxena, en agosto de 1934, cando era cabo. Xulgado en consello de guerra en Cartaxena por intento de sublevación en novembro de 1934, foi condenado a dez anos de presidio. En xaneiro de 1935 tentou fugarse das prisións militares do Arsenal de Cartagena xunto cos seus compañeiros de condena, facendo un boquete coas patas metálicas das camas. Sindicalista. Líder do Sindicato Industria Pesquera da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, Miguel Mandiás Merino e Manuel Puente Iglesias[1], foi condenado á pena de morte. Foi executado en Pontevedra no quilómetro 1 da estrada a Campañó o 2 de decembro de 1936 con 22 anos.

NotasEditar

  1. Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2.

Véxase taménEditar