Manuel Puente Iglesias

político galego

Manuel Puente Iglesias, nado na Estrada e finado en Poio o 2 de decembro de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaManuel Puente Iglesias
Biografía
NacementoA Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Poio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Puente Pena e Avelina Iglesias Soto. Veciño de Pontevedra. Funcionario do Goberno civil de Pontevedra, foi axente executivo de cédulas do distrito de Pontevedra en 1933,[1] dos concellos de Barro e Portas en 1935,[2] e novamente do distrito de Pontevedra en 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomedao delegado do Gobernador Civil de Pontevedra no Grove. Foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 17 de novembro con Jacobo Barral Otero, Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, José Prol Figueiro e Miguel Mandiás Merino,[4] foi condenado á pena de morte. Foi executado o 2 de decembro de 1936 no Km. 1 da estrada a Campañó con Eduardo Muíños Búa, Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e José Crespo Torres.

Notas editar

  1. El País, 31-3-1933, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 11.
  3. El Pueblo Gallego, 6-6-1936, p. 15.
  4. Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar