Jacobo Otero Goday

médico e político galego

Jacobo Francisco Otero Goday, nado no Grove en 1884 e finado no mesmo concello o 27 de xuño de 1964,[1] foi un médico e político galego.

Infotaula de personaJacobo Otero Goday
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor em Wikidata
O Grove, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1964 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
O Grove, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFrancisco Otero Moraña Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco Otero Goday Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi o décimo fillo de Francisco Otero Moraña. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde do Grove de 1913 a 1921. Na Segunda República foi presidente do Partido Republicano Gallego do Grove e despois pasou a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foille conmutada a pena pola de cadea perpetua. Estivo preso en San Simón e logo foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona). Recuperou a liberdade vixiada a principios dos anos corenta e volveu exercer como médico no Grove, dedicando parte do seu patrimonio a satisfacer as multas e sancións impostas pola ditadura. Era tío de Jacobo Barral Otero, que foi alcalde do Grove en 1936.


Predecesor:
Leopoldo Benavides Otero
  
Alcalde do Grove
 
1913 - 1921
Sucesor:
Tomás Oviedo García

Recoñecementos editar

O pobo do Grove erixiu por subscrición popular en 1962 un monumento á súa memoria, obra de Alfonso Vilar Lamelas.

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 1-7-1964, p.14.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar