Jacobo Barral Otero
Jacobo Barral Otero, nado no Grove en 1906 e finado en Vigo o 15 de decembro de 1996,[1] foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 O Grove, España |
Morte | 15 de decembro de 1996 (89/90 anos) Vigo, España |
Alcalde do Grove | |
1936 – 1936 (destitución) | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Traxectoria
editarSobriño de Jacobo Otero Goday. Na Segunda República foi correspondente de El Pueblo Gallego no Grove e presidente do grupo local do Grove do Partido Galeguista. Logo da dimisión da anterior Corporación, foi nomeado xestor e elixido alcalde do Grove a finais de xuño de 1936[2].
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra en Consello de guerra o 17 de novembro con Ángel Cadavid Caamaño, Jacobo Otero Goday, Miguel Mandiás Merino, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias[3], acusados de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. Estivo preso en San Simón e logo foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona).
A amizade con algunhas familias da burguesía viguesa permitiulle saír adiante durante o franquismo. Estableceuse na provincia da Coruña onde casou. Cao democracia encadrouse no Partido Galeguista e foi candidato do PNG-PG ás eleccións europeas de 1989.
Predecesor: Baldomero Sanmartín González |
Alcalde do Grove 1936 |
Sucesor: Aquilino Cabezón Freire |
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 17-12-1996, p. 40.
- ↑ Noticia en El Pueblo Gallego, 26-6-1936, p. 13.
- ↑ Diario de Pontevedra, 18-11-1936, p. 2.