Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista

partido nacionalista centrista-liberal galego
(Redirección desde «PNG-PG»)

O Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) foi un partido nacionalista centrista-liberal que estivo integrado no BNG ata o 17 de marzo de 2012[1] para pasar a ser parte de Compromiso por Galicia

Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG)
Partido político de Galiza (integrado en Compromiso por Galicia)
Dirixentes e organización
PresidenteManuel Cabaleiro Fabeiro
Secretario XeralXosé Mosquera Casero
Historia
FundaciónXaneiro de 1987
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego, centro, socialliberalismo, europeísmo
Outros datos
Na rede
www.png-pg.org

Traxectoria

editar

A orixe do PNG está nunha escisión de Coalición Galega. Tiña 132 militantes en 2002, aínda que chegou a contar con máis de 500 pouco despois súa fundación. Xosé Henrique Rodríguez Peña foi o seu Secretario Xeral ata a súa morte en agosto de 2006. Foi substituído por Iago Tabarés. A raíz da celebración, o 25/09/2011, do seu VIII Congreso Nacional foi elixido secretario xeral Xosé Mosquera Casero.

Fundado en xaneiro de 1987 como Partido Nacionalista Galego (PNG) cando un sector de Coalición Galega liderado por Pablo González Mariñas e Xosé Henrique Rodríguez Peña promoveu unha organización máis progresista e nacionalista, en total contaba con 5 deputados no Parlamento de Galicia.

Posteriormente uníuselle o pequeno Partido Galeguista Nacionalista dando lugar ao PNG-PG. En setembro de 1987 o PNG-PG apoiou a moción de censura contra o goberno de Xerardo Fernández Albor e entrou no goberno de Fernando González Laxe facéndose con dúas consellerías, a de Presidencia para González Mariñas e Pesca para Rodríguez Peña. Pouco despois dous dos seus deputados, Carlos Mella e Luís Cordeiro deixaron o partido. Tralos malos resultados das eleccións autonómicas de 1989 o PNG-PG integrouse no BNG en 1991 sendo presidente Gustavo Docampo Otero.

  1. O PNG dá un paso fóra do Bloque para "sumar forzas no proxecto que Galiza precisa", Praza Pública, 17 de marzo de 2012

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar