Compromiso por Galicia

partido político galego

Compromiso por Galicia é unha formación política galega de orientación nacionalista, constituída en maio de 2012[1] por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como por outras pequenas formacións como Terra Galega,[2] PNG-PG, PG, PGD e CG.

Compromiso por Galicia
Logo
AcrónimoCG
Tipopartido político
Ideoloxíagaleguismo, europeísmo e Progresismo
Data de fundaciónmaio de 2012
PaísEspaña
Na rede
http://www.compromiso.gal/
Facebook: Compromiso.gal Twitter: Compromiso_gal Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.[3]

No momento da súa fundación definíase como galeguista, progresista e socialdemócrata.[4] En 2019 desbotou a socialdemocracia da súa ideoloxía e engadiu o europeísmo.

Formacións creadoras

Outras formacións integradas no proxecto son o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista, Espazo Socialista Galego, Unidade da Esquerda Galega e o Partido Galeguista Demócrata (PGD).[8][9]

Historia

Formouse a raíz das desavinzas entre as formacións creadoras e a folla de ruta que quería Xosé Manuel Beiras no Novo Proxecto Común, que lideraba o Encontro Irmandiño.[10] O 21 de xuño de 2012 anunciouse a incorporación do colectivo Unidade da Esquerda Galega, grupo escindido do PSdeG.[11] Porén, apenas un mes máis tarde, o seu responsable, Óscar Lomba, abandonaría CxG para integrarse en Anova-Irmandade Nacionalista, a formación de Beiras.[12]

Presentouse en solitario ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, despois de fracasaren as negociacións para concorrer con Anova-Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida en coalición.[13]

O 21 de xaneiro de 2017, tralo II Congreso Nacional do partido, Juan Carlos Piñeiro substituíu a Xoán Bascuas como Secretario Xeral.[14] O 21 de setembro dese ano, durante o III Congreso Nacional, o partido mudou a súa orientación política. Desbotou a socialdemocracia e pasou a definirse nos seus estatutos como "unha forza demócrata, progresista, ecoloxista, galeguista, europeísta e transversal".[15]

Compromiso por Galicia mantén estreita relación co Partido Nacionalista Vasco,[16] co que concorreu ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e de 2019. No Congreso Nacional de 2019 anunciouse que solicitarán a súa inclusión no Partido Demócrata Europeo, do que forman parte, amais do PNV, Coalición Canaria (socio tamén das candidaturas para os comicios europeos) e o portugués Partido Democrático Republicano.[17] Compromiso por Galicia é parte do Partido Demócrata Europeo, con dous membros no seu Consello de Dirección: Juan Carlos Piñeiro e Daniel Lago.[18]

Nas eleccións galegas de 2020. CxG participou na coalición Marea Galeguista, obtendo 2.883 votos (o 0,22% do total). Nas eleccións galegas de 2024 CxG participou nunha nova coalición, desta vez con Espazo Común e outros pequenos partidos, nomeada Espazo Común Galeguista, que só obtivo 1.542 votos (o 0,1% do total) e ningún escano.

Notas

  1. Europa Press Galicia (2012-05-23). "Nace 'Compromiso por Galicia', una nueva fuerza nacionalista con "vocación de gobierno" y que pide listas abiertas". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 2024-02-28. 
  2. Sampedro, Domingos (7 de agosto de 2012). "Terra Galega confluye con el grupo escindido del BNG". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  3. Pardo, Miguel (12 de setembro de 2012). "Os ecogaleguistas abandonan Compromiso e acordan integrarse en Alternativa Galega". praza.gal. Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  4. "CxG". www.compromiso.gal. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2019. Consultado o 2019-10-09. 
  5. PAÍS, Ediciones EL (2024-02-28). "EL PAÍS Edición América: el periódico global". El País América (en castelán). Consultado o 2024-02-28. 
  6. Salgado, Daniel (2 de xuño de 2012). "El otro nacionalismo, abocado a unirse". elpais.com (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  7. EFE (22 de maio de 2012). "Ecogaleguistas se convertirán el sábado en un partido con fecha de caducidad". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  8. Pampín, Silvia (3 de agosto de 2012). "El Partido Galeguista entra en Compromiso por Galicia a través del partido de Rafa Cuiña". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  9. García, M. (18 de xullo de 2012). "El Partido Galeguista se une a Compromiso por Galicia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  10. Domínguez, Daniel (21 de xuño de 2012). "Beiras apuesta por "confluir" con CxG pero no lo considera imprescindible". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  11. Europa Press Galicia (21 de xuño de 2012). "El colectivo que integran exmilitantes del PSdeG Unidade da Esquerda Galega entra en Compromiso por Galicia". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  12. Redacción (26 de agosto do 2012). "O responsábel de Unidade da Esquerda Galega renuncia ao seu posto no Consello Nacional de Compromiso por Galicia". sermosgaliza.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2012. Consultado o 28 de febreiro de 2024. 
  13. "Páxina web de Compromiso". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 12 de setembro de 2012. 
  14. Redacción (14 de xaneiro de 2017). "Juan Carlos Piñeiro encabezará un Compromiso por Galicia "renovado"". Galicia Press (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2017. 
  15. Europa Press / Redacción (22 de setembro de 2019). "Compromiso por Galicia, tamén a favor dunha coalición entre as forzas galegas". Galicia Confidencial (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  16. "CxG celebrou no Alderdi Eguna a vitoria do PNV nas eleccións vascas". compromiso.gal. 4 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  17. Redacción. "Compromiso tamén pide unha candidatura unitaria". sermosgaliza.gal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  18. "Democrats". www.democrats.eu (en inglés). Consultado o 2022-10-04. 

Véxase tamén

Outros artigos