Xoán Hermida
Xoán Hermida González, nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1965, é un historiador, activista social e político galego. Como analista político mantén unha colaboración periódica no xornal InfoLibre.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1965 (58 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista do Pobo Galego Espazo Ecosocialista Galego Esquerda de Galicia En Marea |
Traxectoria
editarLicenciado en Historia Contemporánea e Posgrao en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xestión Pública pola USC cunha tese sobre Altermundismo en Galicia. Iniciou a súa actividade política en ERGA, posteriormente nos CAF e nos Comités Anti-Otan. Participando durante a mocidade no PCPG (e posteriormente en Iniciativa Democrática, coa que formou parte da coalición EU-UG nas eleccións ao Parlamento galego de 1993). Foi membro do Consello Confederal da CXTG, secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia (1997-1999).
Activista altermundista, foi director da ONG Amarante (1999-2007). Coordinador do Espazo Ecosocialista Galego entre febreiro de 2012 e xuño de 2015, sendo substituído por Manel Cardoso Santiago. Como responsable de Espazo Ecosocialista Galego participou na formación de Compromiso por Galicia e de AGE. Dende febreiro de 2016, dirixe o Foro OBenComún de pensamento crítico.[2]
Colaborador habitual de diferentes medios dixitais e en papel. Foi socio fundador de Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de redacción da revista Altermundo.
Concorreu ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 no número sexto das listas de En Marea pola circunscrición de Pontevedra, pero non resultou elixido. Posteriormente, en abril de 2018, e logo da dimisión do parlamentario Juan Merlo, pasou a formar parte do Parlamento de Galicia. Con todo, renunciou ao salario e a condición de parlamentario de maneira temporal, coa intención anunciada de dimitir definitivamente en canto En Marea puxera en marcha un proceso de consulta as persoas inscritas sobre o posible incumprimento do código ético por parte da deputada Paula Quinteiro.[3] Tras 12 días, e unha vez convocada por En Marea a consulta, presentou a súa renuncia diante da Mesa do Parlamento de Galicia.[4]
Nas eleccións internas de En Marea celebradas o 22 e 23 de decembro de 2018 resultou elixido membro do Consello das Mareas dentro da lista Coidando a Casa que encabezaba o portavoz de En Marea, Luís Villares. Foi designado responsable de análise político e estratéxico da Coordinadora de En Marea.
Obra
editarEnsaio
editar- Verbas de Vieiros. Obencomún, (2009) ISBN 978-84-616-2532-1
- [Re]construír a esquerda nacional. Da Rolda de Rebeldía a AGE. Obencomún, (2013) ISBN 978-84-616-4481-0
- Galicia no labirinto da nova política, de Nunca Máis ás Mareas. Ed. Galaxia, (2018) ISBN 978-84-9151-185-4[5]
- A Saída da encrucillada. Epitafio para a 'nova política' en Galicia. Obencomún, (2021) ISBN 978-84-123275-6-4[6]
Obras colectivas
editar- Galicia Solidaria. Xulio Ríos e Carlos Teijo (eds), Edicións Xerais, (2009) ISBN 978-84-9782-980-9
- 15M: O pobo indignado. Alfredo Iglesias (Coord.), Edicións Laiovento, (2011) ISBN 978-84-8487-216-0
- Ecoloxía Política: Olladas desde Galicia. Xan Duro e Xoán Hermida (Coords), ObenComún (2015). ISBN 978-84-606-5931-0[7]
- [Re]pensar a democracia. Obencomún (2017). ISBN 978-84-697-4104-7
- Adeus ás armas: Que foi do pacifismo?. ObenComún (2022) ISBN 978-84-09-46493-7[8]
Notas
editar- ↑ Hermida, Xoán (2022-10-28). "Zarismo-Leninismo". infoLibre (en castelán). Consultado o 2023-02-06.
- ↑ "Presentación". Foro OBenComún. Consultado o 2023-02-06.
- ↑ "Xoán Hermida, Marea Pontevedra | CRTVG". www.crtvg.es.
- ↑ "El Parlamento toma nota de la incorporación de Hermida como «diputado ausente» de En Marea". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-26. Consultado o 2018-04-26.
- ↑ "A editorial Galaxia presenta "Galicia no labirinto da nova política, de nunca máis ás mareas", de Xoán Hermida - Asociación Galega de EDITORES". Asociación Galega de EDITORES. 2018-10-23. Consultado o 2018-11-10.
- ↑ "Axenda de cultura de Galicia".
- ↑ "Luís Villares e Xoán Hermida, entre os autores dun novo libro do foro OBenComún". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-02-06.
- ↑ G, A. (2022-12-11). "Xoán Hermida aporta su visión a un libro sobre el movimiento pacifista". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-02-06.