Confederación Xeral de Traballadores Galegos
sindicato galego
A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.
Confederación Xeral de Traballadores Galegos | |||
---|---|---|---|
Nome curto | CXTG ![]() | ||
Tipo | sindicato ![]() | ||
Ideoloxía política | nacionalismo galego e socialismo ![]() | ||
Personalidades | |||
Secretario/a | Fernando Acuña Rúa 1985 ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1985 ![]() | ||
Disolución | 1994 ![]() | ||
Cronoloxía | |||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Área de operación | Galicia ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.
En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).