Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos

sindicato galego
(Redirección desde «INTG»)

A Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en febreiro de 1981 tras a unión da ING e a CTG.

Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos

Tiposindicato Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticanacionalismo galego e sindicalismo Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Secretario/aXan Carballo 1983
Lois Ríos 1982 - 1983 Editar o valor en Wikidata
Entidades
AfiliaciónFederación Sindical Mundial Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1981 Editar o valor en Wikidata
Disolución1993 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónGalicia Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

O proceso de unificación do sindicalismo nacionalista comezou o 3 de outubro de 1980 mediante á sinatura dun acordo entre a Intersindical Nacional Galega (ING) e a Central de Traballadores Galegos (CTG)[1]. O xaneiro de 1982 celebrou o primeiro Congreso, no que saíu elixido secretario xeral Lois Ríos. En 1982 integrouse nela a Confederación Sindical Galega e nas eleccións sindicais de 1982 conseguiu 1.649 delegados (18,5 %). En 1983 Xan Carballo saíu elixido novo secretario xeral. En maio de 1984 constituíuse a corrente interna, Converxencia Sindical Nacionalista, que era un sector próximo ao PSG-EG, que maioritariamente proviña da CTG e a CSG e que en 1985 escindiuse e constituíu a Confederación Xeral de Traballadores Galegos[2]. Nas eleccións sindicais de 1986 a INTG conseguiu 1.067 delegados, quedando por baixo da CXTG.

En maio de 1987 celebrou o seu III Congreso que elixiu a Manuel Mera como secretario xeral nun ambiente de tensión que se reflectiu nas eleccións para o secretariado, centradas nas relacións coa CXTG, no que concorreron tres listas, a lista próxima ao BNG conseguiu 6 membros, a próxima a FPG 3 e a de APU 1.

En 1990 formou coa CXTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais, que en 1994, ao se uniren definitivamente, transformouse na Confederación Intersindical Galega (CIG)[3].

Voceiros

editar

O voceiro do sindicato era a publicación O Eixo. En marzo de 1986 saíu o primeiro número de Abrente, voceiro da Secretaría da Muller[4].

Galería de imaxes

editar

Referencias

editar
  1. "Hai catro décadas naceu a INTG (ING+CTG): A orixe e evolución da CTG". www.cig.gal. 2024-03-22. Consultado o 2024-11-22. 
  2. "Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional". Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 22-11-2024. 
  3. "Intersindical Nacional de Traballadores Galegos". Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 22-11-2024. 
  4. "Abrente. Voceiro da Secretaría da muller INTG | ADHUC". www.ub.edu. Consultado o 2024-11-22.