Manuel Mera

sindicalista e político galego

Manuel Mera Sánchez, nado en Seoane (Allariz) o 4 de febreiro de 1946, é un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaManuel Mera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1488264

Traxectoria editar

Aos cinco anos emigrou coa súa nai e unha irmá a Buenos Aires, onde xa marchara seu pai en 1948. En 1962 pasou todo o ano en Galiza, nun retorno que resultou truncado, mais coa disposición de retornar ao país unha vez rematados os estudos na Arxentina. En Buenos Aires completou a súa formación industrial (técnico electromecánico), e realizou estudos incompletos na universidade, primeiro en enxeñería e despois en socioloxía na Facultade de Filosofía e Letras. Compatibilizou esta etapa co traballo en distintas fábricas como técnico electricista.

En 1967 ingresou na Asociación Arxentina de Fillos de Galegos, e integrouse na Xunta directiva da asociación Residentes de Vigo. Neste ano comezou a participar das reunións da Irmandade Galega de Buenos Aires, da que será secretario entre 1969 e 1972. En 1968 integrouse na Unión do Povo Galego. Despois comezou a militar no partido arxentino Vanguardia Comunista, participando en tarefas partidarias primeiro no movemento estudantil e logo no barrial. En 1963 foi escollido delegado estudantil na Escola Industrial, e en 1971 na Facultade de Filosofía, na que participou activamente da longa folga que se deu neste centro.[Cómpre referencia]

A finais de 1972 regresou a Galiza, alentado pola folga xeral de setembro en Vigo. A UPG encomendoulle organizar o movemento estudantil en Santiago de Compostela, onde fundou Estudantes Revolucionarios Galegos, que tivo un papel importante na formación dos cadros nacionalistas. En 1973 participou na primeira reunión da Fronte Obreira da UPG, da que xurdiron os núcleos do sindicalismo nacionalista galego. O partido pediulle que se dedicase a organizar o movemento obreiro. Dende o seu retorno traballou en distintas empresas e sectores: construción, siderurxia, construción naval, aglomerados da madeira ou autopezas do automóbil.

Coa conquista da libre asociación sindical logo da caída da ditadura franquista, e da constitución da Intersindical Nacional Galega (ING) no ano 1978 deixou o seu traballo como electricista na empresa privada, na que fora elixido delegado sindical, para se incorporar como cadro liberado na ING, na que ocupará o cargo de Secretario da Provincia de Pontevedra.[Cómpre referencia]

Coa constitución da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos, produto da unificación da ING e CTG, formou parte da súa executiva como secretario de acción sindical. A partir do seu Terceiro Congreso, en 1987, foi elixido Secretario Xeral, cargo que exerceu ate o ano 1994. Nese ano a INTG e CXTG unifícanse, dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG). No Congreso constituínte foi elixido como secretario confederal -presidiu o congreso e o Consello Confederal- e a partir de 1997 foi designado presidente da central, cargo que ocupou até o ano 2001. Foi membro da Executiva Confederal da CIG até o V Congreso Confederal, no 2009.

Militou na Asemblea Nacional-Popular Galega, posteriormente do Bloque Nacional Popular Galego. Esta afiliado ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) desde a súa fundación en 1982. Foi Director da Fundación Moncho Reboiras (Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) entre os anos 2003-2019, entidade dependente da CIG, sendo ademais o Secretario no seo do seu Padroado.[Cómpre referencia]

Ten publicados máis de 4 000 artigos, especialmente en xornais.[Cómpre referencia] O primeiro artigo en 1968 en A Nosa Terra (do exilio). Publicou en diarios como Faro de Vigo, Xornal de Galicia, El Correo Gallego, La Opinión A Coruña, El Ideal Gallego, Atlántico Diario ou Diario de Arousa. É columnista nos xornais La Región, Diario de Ferrol, Galicia Hoxe e Sermos Galiza.

Obra editar

Publicacións editar

  • A loita labrega contra os foros e o caciquismo (Fundación Moncho Reboiras, 2008).
  • As folgas xerais de 2001 e 2002 (Fundación Moncho Reboiras, 2009).
  • A reconversión naval de 1984 na Galiza (Fundación Moncho Reboiras, 2009).
  • 1972-1977: O sindicalismo galego na transición (Fundación Moncho Reboiras, 2016).

Conversas editar

  • Manuel Mera. A paixón militante, con Xan Leira. 2000, Edicións Xerais de Galicia.
  • "Lo que nos une es la diferencia", conversa, febreiro 2002, Revista Tesis 11 (Arxentina).
  • "A nosa cultura atopou fóra un mundo menos abafante co de Galicia", xuño 2007, conversa entre Xurxo Martínez Crespo e Mamuel Mera, Tempos Novos.

Obras colectivas editar

  • Actividade sindical e nacionalismo; Galiza: 1953-1975, 1988, A Nosa Historia 5, A Nosa Terra.
  • Política de Frente e Clases Sociais na Galiza, 1991, Esquerda, democracia e nación, Cadernos de pensamento e cultura. A Nosa Terra.
  • A libre circulación de persoas e traballadores, Voltar a Gallaecia, as relacións económicas Galiza-Portigal, 1993, Cadernos de Pensamento e Cultura, A Nosa Terra.
  • "Sindicalismo nacionalista e cooperativismo", 1996, Cooperativismo e economía social nº 14, Universidade de Vigo.[1]
  • "Un projecte sindical per a una situació colonial a Europa". 1998, Debat nacionalista nº 32] (Cataluña).[2]
  • ERGA o lume que prendeu. 1997, Comités Abertos de Facultade.
  • O galego Soto líder da Patagonia rebelde. 1998, Xerais.
  • "Por unha economía ó servicio de todos", 2000, Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Vol 9, nº 1. (Universidade de Santiago de Compostela).[3]
  • "Unha revolución rente de nós", xaneiro-abril 2005, Murguía, revista galega de historia.
  • Pancho Allegue. Historia dun compromiso, 2006, Concello de Fene.
  • Argentina. L´ impulso piqueteiro. 2006, revista Nuestra América, Cestes-Proteo (Italia)
  • Il sindicalismo galiziano: origini, evoluzione e momento attuale, 2006-2007, Revista Proteo (Italia).[4]
  • Da lingua galega e nós, 2007, FESGA (Fundación Moncho Reboiras)
  • Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
  • Los partidos y una nueva sociedad. 2013, México, Partido del Trabajo.
  • A UE como problema, reflexións desde Galiza. 2014, Fundación Galiza Sempre.
  • 50 preguntas, 50 argumentos, para a soberanía de Galiza. 2014, Terra e Tempo.
  • "Lois Obelleiro. Lembranza dun camarada excepcional", xullo-decembro 2017; Terra e Tempo nº 177.
  • ANTHROPOS (Caderno de cultura crítica e coñecemento), nº 250 Xaneiro-Marzo 2019. Barcelona "Retos del sindicalismo rente a la globalización neoliberal"

Prólogos editar

  • Os anarquistas galegos na Arxentina. Carlos Penelas. 1996. Espiral Maior.
  • Pepe Velo. Antonio Piñeiro. 2000, Xerais.
  • A Constituçom Europeia e Nós. Bernardo Valdês Paços, 2005, AGAL.
  • Vixencia do pensamento marxista. 2018, Fundación Moncho Reboiras.

Recoñecementos editar

En 1990 foi elixido galego do mes polo xornal El Correo Gallego.[5] No ano 1999 recibiu da Central de Trabajadores de Cuba, pola actitude solidaria coa clase obreira dese país, a “medalla” da CTC conmemorando o 30 aniversario da caída en combate do comandade Che Guevara; e no ano 2014 foi recoñecido como vigués distinguido polo Concello de Vigo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar