Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2021.) |
A Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en febreiro de 1981 tras a unión da ING e a CTG.
Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) | |
---|---|
Sindicato de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Lois Ríos, 1º secretario xeral Xan Carballo, 2º secretario xeral |
Filiación internacional | Federación Sindical Mundial |
Historia | |
Fundación | 1980 |
Disolución | 1993 |
Precedido por | Intersindical Nacional Galega Confederación Sindical Galega |
Sucedido por | Confederación Intersindical Galega |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Esquerda política Socialismo Anticapitalismo Marxismo |
Outros datos | |
Sede | Santiago de Compostela |
Historia
editarO proceso de unificación do sindicalismo nacionalista comezou o 3 de outubro de 1980 mediante á sinatura dun acordo entre a Intersindical Nacional Galega (ING) e a Central de Traballadores Galegos (CTG)[1]. O xaneiro de 1982 celebrou o primeiro Congreso, no que saíu elixido secretario xeral Lois Ríos. En 1982 integrouse nela a Confederación Sindical Galega e nas eleccións sindicais de 1982 conseguiu 1.649 delegados (18,5 %). En 1983 Xan Carballo saíu elixido novo secretario xeral. En maio de 1984 constituíuse a corrente interna, Converxencia Sindical Nacionalista, que era un sector próximo ao PSG-EG, que maioritariamente proviña da CTG e a CSG e que en 1985 escindiuse e constituíu a Confederación Xeral de Traballadores Galegos[2]. Nas eleccións sindicais de 1986 a INTG conseguiu 1.067 delegados, quedando por baixo da CXTG.
En maio de 1987 celebrou o seu III Congreso que elixiu a Manuel Mera como secretario xeral nun ambiente de tensión que se reflectiu nas eleccións para o secretariado, centradas nas relacións coa CXTG, no que concorreron tres listas, a lista próxima ao BNG conseguiu 6 membros, a próxima a FPG 3 e a de APU 1.
En 1990 formou coa CXTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais, que en 1994, ao se uniren definitivamente, transformouse na Confederación Intersindical Galega (CIG)[3].
Voceiros
editarO voceiro do sindicato era a publicación O Eixo. En marzo de 1986 saíu o primeiro número de Abrente, voceiro da Secretaría da Muller[4].
Galería de imaxes
editarReferencias
editar- ↑ "Hai catro décadas naceu a INTG (ING+CTG): A orixe e evolución da CTG". www.cig.gal. 2024-03-22. Consultado o 2024-11-22.
- ↑ "Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional". Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 22-11-2024.
- ↑ "Intersindical Nacional de Traballadores Galegos". Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 22-11-2024.
- ↑ "Abrente. Voceiro da Secretaría da muller INTG | ADHUC". www.ub.edu. Consultado o 2024-11-22.