Bloque Nacional Popular Galego

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización e coalición electoral constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Opúxose ao proceso autonómico e tiña como obxectivos a obtención da soberanía para Galiza.[1]

Bloque Nacional Popular Galego (BN-PG)
Coalición electoral en Galiza
Dirixentes e organización
LíderLois Diéguez
Bautista Álvarez
Historia
Fundación1977
Disolución1982
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Soberanismo
Nacionalismo de esquerda
Representación
Parlamento de Galicia (1981-1982)
2 / 71
Deputacións provinciais de Galiza (1979-1982)
3 / 105
Concelleiros (1979-1982)
258 / 4.069
Adhesivo das eleccións de 1977.

Historia

editar

Presentouse como agrupación de electores ás eleccións xerais de 1977 defendendo como programa as Bases constitucionais para a participación da nación galega nun pacto federal e de goberno provisorio galego redactadas en 1976 polo Consello de Forzas Políticas Galegas como alternativa nacionalista ao proceso autonómico. O BNPG obtivo 23 167 votos, un 2% do total, non conseguindo representación Congreso. Nas eleccións xerais de 1979 acadou os 63 747 votos, un 5,87% do total. Nas eleccións municipais de 1979 o BNPG presentou candidaturas en 164 concellos, obtendo 70 355 votos (7,18%) o que lle supuxo 258 concelleiros e 9 alcaldes. No referendo do Estatuto de 1980 solicitou o voto en contra. Nas eleccións autonómicas de 1981 formou unha coalición co Partido Socialista Galego, conseguindo, baixo as siglas BNPG-PSG, 61 870 votos (6,27%) e tres deputados no parlamento galego. Dous deles polo BNPG, Bautista Álvarez Domínguez e Lois Diéguez Vázquez, e un terceiro polo PSG, Claudio López Garrido. Porén, estes serán expulsados ao se negar a xurar a Constitución Española e o Estatuto de autonomía.[2] Neste contexto, comezou a haber conflitos internos que learon á realización dunha asemblea en setembro de 1982 que transformou ó BNPG no Bloque Nacionalista Galego (BNG). A primeira convocatoria electoral á que concorreron foron as eleccións xerais do seguinte mes de outubro, nas que obtivo un moi mal resultado con 38 615 votos (2,98%).

Resultados electorais

editar
Elección Ano Votos % Representantes Alcaldías
Eleccións xerais 1977 22 771 2,02
0 / 350
Eleccións xerais 1979 60 889 5,95
0 / 350
Eleccións municipais 1979 78 216 7,32
258 / 4.072
9 / 313
Eleccións ao Parlamento de Galicia[a] 1981 61 870 6,27
2 / 71
Eleccións xerais 1982 38 437 2,97
0 / 350

Os resultados electorais do bloque variaron ao longo dos anos. Nas primeiras eleccións o resultado foi peor do previsto, pero o mal resultado non provocou ningunha crise interna no bloque, xa que estaba máis centrado na protesta na rúa e nas loitas obreiras e campesiñas que na política electoral. En 1979 houbo eleccións tanto locais como xerais, co BN-PG acadando mellores resultados, e estabilizándose nun 6-7% dos votos ata as xerais de 1982, nas que a fronte perdeu numerosos votos ante o PSOE de Felipe González.

Os bastións do partido eran vilas industriais ou zonas rurais con forte presenza do Sindicato Labrego Galego (SLG). Na provincia da Coruña o bloque tiña os seus mellores resultados na área metropolitana de Ferrol e na comarca de Eume, especialmente en Fene (11,95% dos votos nas eleccións xerais de 1979) e nas Pontes de García Rodríguez (13,64% nas mesmas eleccións). Na provincia de Lugo o BN-PG era máis forte na zona oriental, especialmente na serra dos Ancares, onde o SLG estivo moi activo. Os resultados foron especialmente elevados en Becerreá (18,01%), Castroverde (27,84%), Pedrafita do Cebreiro (37,15%), Ribeira de Piquín (15,93%), As Nogais (33,67%) e Navia de Suarna (19,92%). Na provincia de Ourense o BN-PG tivo as súas principais bases de apoio na comarca de Allariz - Maceda, especialmente nos concellos de Allariz (14,71%), Maceda (19,02%) e Baños de Molgas (12,8%) e Montederramo (14,94%). Na provincia de Pontevedra a comarca do Morrazo e toda a ría de Vigo foron o seu principal baluarte.

Nas eleccións municipais de 1979 o bloque obtivo 258 concelleiros e 9 alcaldes (sobre 313).[3][4] As localidades que tiveron alcalde de BN-PG no período 1979-1982 foron: Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Bueu, Fene, Láncara, Moaña, As Nogais, Ribeira de Piquín, Bóveda e Corcubión (1980-1982, foi elixido alcalde nas listas do Partido del Trabajo de España (PTE), mais trala desaparición deste partido en 1980 a asemblea local do PTE incorporouse ao BN-PG).

Galería de imaxes

editar
  1. En coalición co Partido Socialista Galego e acadando 3 deputados.
Referencias
  1. "Planteamientos autonómicos muy avanzados en las principales opciones nacionalistas y regionalistas. Resumen de programas electorales". El País. 18 de febreiro de 1979. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  2. "Incidentes en el Parlamento de Galicia por la expulsión de tres parlamentarios nacionalistas". El País. 25 de novembro de 1982. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  3. "Historia Electoral: Diputaciones provinciales de Galicia". Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  4. "Resultados detallados". datoselecciones.com. Consultado o 22 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar