Ribeira de Piquín
Coordenadas: 43°12′1.63″N 7°12′9.06″O / 43.2004528, -7.2025167
Ribeira de Piquín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2015 tiña 580 habitantes (664 no 2010, 771 no 2006, 785 no 2005, 810 no 2004, 827 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirego»[8].
Ribeira de Piquín | |
---|---|
![]() | |
Casa no lugar de Moleiras. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | ribeirego |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Meira |
Poboación | 513 hab. (2020)[2][3] |
Área | 73,0 km²[3] |
Densidade | 7,03 hab./km² |
Entidades de poboación | 5 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Roberto Fernández Rico (PSdeG-PSOE [6]) |
Concelleiros | PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 6 |
Eleccións municipais en Ribeira de Piquín | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 92,90% |
Na rede | |
www.ribeiradepiquin.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PoboaciónEditar
Censo total | 580 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 20 (3.45 %) |
Entre 15 e 64 anos | 300 (51.72 %) |
Maiores de 65 anos | 260 (44.83 %) |

CaracterísticasEditar
O concello de Ribeira de Piquín está situado a un 50 km ao nordeste da capital da provincia. Entre a súa paisaxe atópase o río Eo. O territorio pertenceu a Asturias até 1833.
A casa do concello atópase situado no Chao de Pousadoiro.
HistoriaEditar
O concello constituíuse o 6 de maio de 1935 ao ser segregado de Meira. O seu primeiro alcalde foi Fermín Llousas González. As parroquias de Santalla de Piquín, San Pedro de Navallos e San Xurxo de Piquín pertencían ao concello de Meira, do que se segregaron por acordo do ano 1933. Nos cincuenta integrouse no concello de Ribeira de Piquín a parroquia de Santiago de Acevo.
PatrimonioEditar
Entre o seu patrimonio destacan a igrexa de San Xoán de Baos e a de San Xurxo de Piquín, construída en 1782 preto do Eo.
Neste concello naceu o artesán José Seivane. En agosto de 2008 no Chao de Pousadoiro foi inaugurado un busto na súa memoria. Na súa inauguración deu un concerto a súa neta, a gaiteira Susana Seivane.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira de Piquín.
Lugares de Ribeira de PiquínEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribeira de Piquín vexa: Lugares de Ribeira de Piquín.
ParroquiasEditar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribeira de Piquín | |
---|---|
Navallos (San Pedro) | San Xurxo de Piquín (San Xurxo) | Santalla (Santalla) | Santiago de Acevo (Santiago) | Os Vaos (San Xoán) |
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2020) "Ribeira de Piquín".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Ribeira de Piquín". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 58. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ribeira de Piquín |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |