Serra dos Ancares

cordilleira no noroeste da península Ibérica

A serra dos Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da cordilleira Cantábrica. Encóntrase situada na parte máis oriental da provincia de Lugo e na parte máis occidental da provincia de León.

Modelo:Xeografía físicaSerra dos Ancares
Imaxe
Tiposerra
monumento Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPenínsula Ibérica Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia de León, España e Provincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°50′35″N 6°49′54″O / 42.8431, -6.8317
CordilleiraMacizo Galaico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.987 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións32 (ancho) × 95 (lonxitude) km
Punto máis altoPico Cuíña Editar o valor en Wikidata  (1.998 m Editar o valor en Wikidata )
Ben de interese cultural
Data13 de agosto de 1971
IdentificadorRI-54-0000035-00001
Vista do Val do río Ser no concello de Navia de Suarna.

Características

editar

Constitúe o límite entre Galicia e Castela e León. De norte a sur, destacan nela os cumes de Miravales (1966 m), o Pico Cuíña (1992 m), Pena Longa (1896 m), O Mustallar (1935 m), Pico de Lagos (1867 m), Pico dos Tres Bispos (1794 m) e Penarrubia (1822 m). Esta serra presenta fracturas nas súas fallas, formando pequenos vales polos que discorren os afluentes do río Navia na vertente galega e os da conca do río Sil na vertente leonesa.

Predominan lousas, calcarias, filitas, areíscas e cuarcitas. O clima que presenta é o oceánico de montaña. Os mamíferos que podemos encontrar son o lobo, o corzo e ocasionalmente o oso pardo. Entre as aves, destacan a aguia cobreira e a pita do monte, case extinta na parte galega da serra. En canto á vexetación xunta aos ríos atópanse salgueiros e abeneiros, tamén son frecuentes os castiñeiros, freixos e abeleiras, carballos e acivros por riba dos 1600 metros medra o mato, as uceiras nos solos máis pobres e os piornos nas zonas máis ricas[1].

Recentemente, no 2006, foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO.

Galería de imaxes

editar
  1. González Arias, Alejandro, Guía e rutas dos Ancares, Vigo: Editorial Galaxia, 1995, pp 13-14

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar